sábado, 22 de enero de 2011

FINOCA. ISA MULHER


Por Femia Castradora

Cando falo de Finoca, case  cáenseme as bághoas de aleghria. Ainda que ela xa non está entre nos. Aghora vive na Arxentina.

Finoca é a minha tía. Todos os rapases queríamola moito. Sempre nos deixaba xoghar cos porcos  que ela tinha. Non pensedes que os cochos os criaba para faser chourisos logho da matansa, non. Ela foi a pioneira de os porquinhos coma animal de companhía.

Tinha una porca que era a que lhe fasilitaba os porquinhos, chamabase Lusera e minha tía sempre a tinha  moi coidada e mesmo cando despois de xantar ponhía a radio, sempre a chamaba para que escoitara o serial. O que mais lhe ghustaba a minha tía era  A Sagha dos Porretas e a Lusera non paresía disghustarlle o que desían.

A porca era un pouco rabuda e non era partísipe de que os rapases subiran enriba dela. A mín tiroume moitas veses ó chan, ata que descubrín o seghredo para que me deixara subir nela: a cousa era ben sinxela, soio tinha que colher o papel de prata do chocolate Dolca e faser con el unha funda ós meus dentes, cheghaba cos de arriba. Logho iba acheghándome  pouco a pouco cun sorriso para que vira coma brilhaban. Man de santo, cabalghaba toda a tarde pola veigha.

Fai uns anos, chamóume por teléfono minha tía toda chea porque viu nun xornal que Llors Cluni tinha un porco na súa casa. Qué felisidade para ela, era a confirmasión de que todo o que ela fixera cos porcos ía por bó caminho. Aínda que os vesinhos ríanse dela e enghanábana disíndolhe que querían un porquinho para a súa casa, para que os seus filhos xogharan con el. A maioría deles,  ou todos mais ben, finalisaron os seus días feitos lacóns, chourisos, chicharróns, de todo. Do porco aproveitanse ata os andares.

Pero iso non era o trato que fixeran coa minha  tía e ela  enfuresíase toda, e con rasón.

E vos diredes: Qué ten que ver  Finoca  contigho, aparte de ser a túa tía, e por qué lhe adicas iste conto? Pois veredes, ela foi a minha mestra na arte de castrasión. Foi a que me ensinou que si alghén  fasía algho que non estivera ben, non tinha que vasilar en colher o coitelo. Así empesei neste ofisio, case sen darme de conta. Tiven boa mestra.

Por serto, a natalidade desendeu moito na aldea dende que Finoca déuselhe polo dos porquinhos de companhía. Logho de ela irse á Arxentina a cousa milhorou.

Apertas.

6 comentarios:

  1. Polo menos xa que madrugamos a golpe de sábado podemos disfrutar das aventuras de Femia Castradora

    ResponderEliminar
  2. Femia vengo del botellón y hace un frio del carallo. Tú eres la unica que me comprendes, que el Glub se olvida de mi a la primera. Muy buena tu aventura con el cerdito, ya me gustaría a mi, al menos tener alguien como tu cerdito para que me haga caso. Femia, un bseeeeso.:))

    ResponderEliminar
  3. A seguir así Femia, alegrándonos os fins de semana dun xeito divertido e orixinal. Bicos.

    ResponderEliminar
  4. Amiga Dora Castro, eu tiña un amigo, tio dunha moza miña, ou como decía o outro :´´unamigomío´´así todo xunto e rápido, iste home, polo que compenzo a comprender, debía ser novio da túa tía Finoca.
    Un home alegre, tranquilo, amante do deporte e da vida sán que dun día pra outro, trocóu en un home solitario, de poucas palabras, triste e cabizbaixo.
    Lembro que dende un día especial camiñaba coas pernas apretadas e cun xesto de door que mesmo daba pena velo.
    Iba a matar un porco e volvéu castrado, entre bagoas se lle escoitaba decir de vez en cando:
    ´´Fina, fininha
    eu que tanto che quería,
    non sei que che faría
    se non marchas pra Arxentina´´
    Xa comprendo Dora o que sufreu este home, deixa o coitelo bonita, que soio sufrimentos vas traer en vez de alegrías.

    ResponderEliminar
  5. Ola. Ghasias polos comentarios.

    Larinha, de seghuro que alghén terás por ahí que che fagha caso, mulher. Mira ben e dinos. Ó botelhón no inverno,hai que levar un termo con chocolate para a volta, que xa vai baixando a alegría da noite e sempre vai ben botarlhe algho quente ó estómagho.

    Home, Santano, aléghrome moito de ver que as túas mensaxes recuperaron a coherensia perdida na última que mandaches. Iso tranquilísame, pensei que tolearas.

    Dis que tes un amigho perxudicado pola minha tia Finoca. Algho faría. Seghuro. Ó milhor quería ser poeta e ensinoulhe uns versos á minha tía. Iso é motivo mais que sufisiente para quedar alixeirado.

    Anónimo, Coco e tódolos demais, un bico.

    Apertas.

    ResponderEliminar
  6. A veces tengo ganas de que me prestes tu cuchillo y me enseñes el oficio.

    ResponderEliminar