sábado, 26 de febrero de 2011

A IMPORTANSIA DE CHAMARSE CASTRADORA


Por Femia Castradora

A mín o meu ofisio ghústame moito. Unha síntese importante ó faser un servisio á sosiedade. E xa fai montóns de anos que isto é así, eu soio son unha das últimas, non por eso menos importante, senón que ó revés. Eu son a portadora do facho, pasado de xerasión en xerasión por sentos de mulheres sen medo e con ghran determinasión na creensia de estar a faser un trabalho de calidade.

Nós, as castradoras temos o noso ofisio case coma unha relixión, fasemos todo con moita limpesa e nunca tivemos que lamentar vítimas, é mais, hai alghúns homes que entre bághoas aghradésenche o trabalho feito, eu penso que pola rapides e mestría no uso do coitelo.


É un ofisio moi desaghradesido, hai que ir con moito coidado, porque hai xente que non chegha a comprender a esensia da castrasión, a poesía do momento.

Fai anos, fomos desisivas en moitas ámbitos, por exemplo na música. Aínda tenho na casa un manustrito do ghran Farinelli agradeséndolhe á unha predesesora minha o ghran trabalho que fixera con él. Esos eran bós tempos, nos que os nosos clientes levaban por diante o orghulho de ser castrados. E o ben que cantaban!

Aghora tamén hai xente á que lle fixen o mesmo que a minha companheira fixera con Farinelli, pero xa non lhes ghusta alardear delo coma antes. Presisamente, lembro uns rapases que  alá polos anos 70 vinheron á minha casa para que lhes fixera un trabalho en ghrupo. Pensaban que lhes iba a faser un presio, pero eu tenho as minhas tarifas e de ahí non baixo.

Pois eso, os rapases non eran de aquí, senón que eran inghleses. Dixéronme que querían faser música disco e estiveran pensando que o melhor para iso era ter unhas voses mais persoais, que tinhan un oquinho  no mercado discoghráfico baseado na aghudesa das súas voses. E alí estaba eu, lansando a carreira musical duns rapases. Durante o proseso fixémonos moi amighos e leveinos de troula por ahí. Menuda tralha traían as veses logho de ir polas cantinas do pobo bebendo canha de herbas e mais licor café.

Fasíame ghrasia o medo que lhe colheron a Mighelinha, unha vaca toura que tinha entonses. Colheulles manía e cando os vía arrincábase a cornasos con eles e acababan pola eira eles tres correndo diante de Mighelinha. Que días aqueles, cantos berros de aleghría botaban sobre todo Robin e mais Morís. Barri, mais comedido, soio corría.

Barri era mais mosetón que os seus irmáns e coma era mais reservado preghunteilhe se el tamén quería que o castrara, non vaia a ser que fora presionado polos xemelgos, que eran mais pequenos pero botados para adiante.

Fixen o meu trabalho tan ben coma sempre o fasía e ó rematar, puxéronse a cantar unha cansión que me ghustou moito, fasíanse coros entre eles e quedóulhes moi ben. Disían: estelhin alai, estelhin alai oh, oh, oh.  Home, eu prefiro outro tipo de música, pero non estaba mal. Penso que tiveron moita sona e todo foi ghrasias a mín e ó meu coitelo. Déuselhes por chamarse os bilhis, non me preghuntedes por qué, eles saberían.

Pois hala, xa sabedes un pouco mais de mín e do meu ofisio. Ás veses sinto que estou a espirme diante de vos con tanta sinseridade contándovos a minha vida.

Apertas.

5 comentarios:

  1. Ben Femia, eres un exeplo para moitas mulleres que deberiamos ter un coitelo e usalo coma ti

    ResponderEliminar
  2. jajaja eso digo yo teias que enseñarnoe el oficio

    ResponderEliminar
  3. Nunca me gustaron los Bee Gees pero ahora que sé los esfuerzos que han hecho para consagrarse les daré otra oportunidad.

    ResponderEliminar
  4. Por fin o entendo Femia Dora, e agradezoche infinito que me fixeras ver a luz.
    Sempre penséi que lles apretaban os pantalóns e por iso nunca me gustóu a moda setenteira (anque as veces vestíronme daquel xeito), xa entendo o da voz.
    Alegría del Hogar, fiel seguidora do grupo, e experta imitadora precisamente do tema que nos deixas escoitar, seguro que tamen cho agradece entre bagoas e choros.
    Ogallá Alegría del Hogar grave a súa versión do tema e nos permita velo neste blog. Anuqe sexa sen voz, con que vexamos como movía a mán co dedo índice estilo Colón, pero sinalando o céo.....Que tempos aqueles....

    ResponderEliminar