sábado, 5 de marzo de 2011

AS VIAXES DE FEMIA

Por Femia Castradora.


Eu de sempre fun unha mulher curiosa e con ghanas de ampliar o meus horisontes. Xa sabedes das minhas viaxes polo mundo, xa vos contei alghuna ves unhas cantas. Esas viaxes fixéronme medrar coma persoa e sempre lhe saquei un aproveitamento as novas costumes da xente que conhesín.

E sempre procurei deixar a minha peghada dun modo ou outro, eu tamén tenho esperiensias que quero compartir coa xente. Ghústame tamén sacalo coitelo á lus de cando en ves. Moitos homes de moitos paises e condisións probaron o aseiro de Vinghador. É coma deixar ghrabado na cortesa dunha árbore o teu nome. Alí ficará ata que alghén o bote abaixo. Nese sentido estou moi tranquila: hai moitos homes que non me van esqueser ata que morran, e eso ghusta, coma non!

Recordo con ghran aleghría unha ves que fun a México. Alí quería comprobar se os seus homes eran tan machos coma eles disían e se iso ibase tradusir nun maior esforso no meu trabalho. Era, coma din aghora, un ghándica.

Alá fun. Estiven na capital, pero non me ghustou moito, había moita xente por todos lados e tinha que colher coche para ir a todas partes, e a min que son de aldea eso non me convensía moito.

Entón preghuntei onde podería ir que non estivese tan contaminado e onde podería faser os meus paseos e conheser xente sen estrés. Aconselháronme varios lughares e ó final optei por achegharme á selva Lacandona, que me recomendaron espesialmente. Quería ver Bonampak, ía ser moi emosionante para unha mulher cunha sensibilidade espesial coma eu.

Alí descubrín que o coitelo era melhor ghardalo para cando fixera falta e melhor ir cun machete, polo que poida pasar e mesmo tamén para faserme caminho ó andar, coma disía  Machado e  coma nas películas de Tarsán, que  sempre ían por fora da senda a machetasos coa vexetasión e así cheghaban sempre tarde  para ponher as tendas do campamento
.
O chegar á selva, atopeime con Fransisco, un home que según me dixo vinhera a faser ghrandes cambios xunto con outra xente. Pronto colhemos confiansa e díxome que o chamara Pancho, que era coma o chamaban no seu pobo. O seu nome soábame a revolusionario e a home sen medo. Veríase, eu non fagho xuisios ata que non acaba o conto e sei quen é cada un.

Un día díxome que estaba cun ghrupo de xente que ía dar que falar. Eu pedín que mos presentara e coma víu que eu era de fiar, fomos cos seus amighos.  Estaban nunha aldeinha misturados con xentes de alí, desendentes dos maias, pobo gherreiro coma eu.

Presentoume ó xefe, que se chamaba Rafael, pero ghustábalhe que lhe chamaran Marcos. Tinhan todos a manía de que os chamaran de outra forma. Eu non, sempre fun Femia e non quero cambiar.

Falando con Marcos díxome que os seus pais eran de Samora e vinheron emighrados a México. Xa vedes, o mundo é un pano. E que él estivera un tempo en Barselona trabalhando no Corte Inghés. Cando volveu, a contaminasión da capital aghavou o asma que padesía e pensou que ía estar melhor na selva, cun ar limpo. Eu pensei que se o asma era pola contaminasón, alí estaba ben, pero se era produsida polo polen, non lhe ía quedar moito tempo de vida. Estábamos a finais de decembro e a naturesa non soe esperar para faser a explosión da primavera. E mais na selva.

Logho contoume que o primeiro de xaneiro quería faser unha revolusión para que houbera mais xustisia para a xente de alí. Tentei de convenselo para que fose melhor o dous ou o tres, que o Aninovo é un día moi comprometido con  tanta festa, mais ben coa resaca que sóese ter nese día. Marcos díxome que non, que quería que fose un ano novo e unha revolusión nova. Era un pouco cabesota. A metade dos seus homes estarían a durmir nese día de seghuro.

Preghunteilhe a Pancho se ía ir con Marcos a faser a revolusión e tranquilisoume cando me dixo que sí. Por fín un home coa coraxe que eu quería!

Na noite de fin de ano, íamos selebrar a revolusión e que xa eu me iba de volta á aldea. Para selebralo, fixen con tequila un susedáneo do licor café, que resultou ser unha bomba, pero ghustou moito a todos, espesialmente a Pancho, que non parou ata que acabou ata a última ghota e eso que fixera moito, para que lhes quedara e cada ves que o beberan se acordaran de min. Tamén lhe fixen un presente a Marcos. Tesinlhe con punto do dereito e oitos,  un pasamontanhas presioso para as noites, que refrescaba moito.

O día seguinte, cando me levantei, xa se foran todos menos Pancho, que tinha unha borracheira que non se tinha en pé. Aproveitei o seu estado de semiincosiensia para sacar a Vinghador e así faser un estudo de campo relasionado ca minha paixón castradora.

Apertas


10 comentarios:

  1. Yo quiero ese cuchillo!! hace una semana un tio cañon me pidio mi numero y no me da llamado, asi que en cuanto lo vea lo capo

    ResponderEliminar
  2. ¿Por qué no escribe ya entradas sobre la corrección de textos? Eran muy interesantes e instructivas. Me gustaría sugerirle que las retomase. Gracias por sus interesantes y humorísticas aportaciones.

    ResponderEliminar
  3. Pascuala, é o que tenhen os tíos canhón, non te podes fiar deles. Recoméndoche levar no bolso aínda que sexa unha navalha suisa, así non se che escapa.

    Sobre a corresión de textos, non sei se será boa idea que as fagha. De feito non as fixen na minha vida, pero todo é ponherse. Vou ver qué dí Ghlub de isto, ó milhor dame ánimos e comenso unha nova faseta profesional. Heiche de desir que de primeiras non me chama moito o tema.

    ResponderEliminar
  4. Si.... por favor, hable con Ghlub, sería una buena idea que retomase esa faceta. Gracias.

    ResponderEliminar
  5. La verdad, no sería mala idea que Femia se encargase de eso. Yo de momento no tengo intención, hasta que un día me de por ahí. Gracias de todas formas por la sugerencia.

    ResponderEliminar
  6. Glub, tu escribe de lo que quieras aunque le moleste a alguna lobita, y femia que siga como hasta ahora, que a mi me encanta. Esta noche marcha totaaaaallll!!!!!
    XD

    ResponderEliminar
  7. Lobata, pazguata, no des la lata. Eres una pesada, guapa.

    ResponderEliminar
  8. Femia, deberías buscar una utilidad a tu cuchillo para actuar contra lobeznas o lobatas. Muy buena tu aventura mexicana.

    ResponderEliminar
  9. Dónde está Lobata, reina de la ignorancia... y fea, muy fea, que yo la vi ayer en la Herrería y todos discutían si estaba o no estaba disfrazada...... de mona o era ella, la fea....

    Rodrigo tú sigue que nadie como tú, gracias por tu Blog, me hace disfrutar muchísimo......................................

    ResponderEliminar
  10. Querida Dora Castro,
    Vexo que estás moi ben informada sobre a histotria do subcomandante Marcos, adalid da xusticia na selva lacandona.
    A verdad e que preccisa voltara Chiapas xa que case dende que estiveches alí non fixeron mais nada.
    Pancho agora chámase Lupita e Marcos precisa una visita do vingador.

    ResponderEliminar