sábado, 26 de marzo de 2011

ESPALHÁNDONOS



Por Femia Castradora

Cada ves que o penso, sempre chegho á mesma conclusión: os galegos somos os ghuardiáns  da vida na terra. Dende sempre, non pensedes que é cousa de aghora soamente.

Mirade, estou tan seghura que dende aquí vou proponher faser as investighasións que faghan falta para que colhan os ósos eses que apareseron en Africa da primeira mulher homínida e averighuen se era ghalegha. Poden faser o mesmo cun home, Ötsi creo que se chama,  que atoparon conxelado, ese vai ser mais fásil, porque o tipo levaba un saquinho e alí poden ver quen é.

É que a nós nos ghusta ampliar horisontes, ver cousas novas, sivilisasións, non sei, todo iso. Somos así e é que somos curiosos por naturalesa. Quen o iba a desir, tan apeghados á nosa terra e e tan botados para adiante á hora de buscar novos aires. Xa non vos digho nada se é por nesesidade, ahí si que botamos fora o noso orghulho castrexo.

Xa cando nos conhesían coma os kallaikoi soubemos loitar contra os romanos. Ata os últimos folghos utilisamos para botar das nosas terras  a esa xente. Logho pasou o que pasou, que os que vinhan de fora tinhan mais armas, xente e ó final conquistáronnos. Eso si, non perdemos o noso orghulho.

Aghora estamos espalhados por todo o planeta e penso que non imos parar de ir polo mundo adiante.

Sen ir mais alá, na minha familia, foi determinante a emighrasión sobre todo para as mulheres. A minha bisavoa Anghustias tinha un marido que un día lhe dixo que iba ir para Cuba para ver que se podía faser en aquel lughar. Anghustias quixo ir co seu marido  e seus filhos para estableserse alí con él. Pero non, dixo que melhor iba el de avansadilha e se lhe ghustaba o que veía alí, chamábaos para ir vivir todos xuntos, e se non lhe ghustaba, voltaba e xa está.

Debeulhe ghustar moito, porque non voltou nin volveu a dar sinais de vida. Á bisavoa  entroulhe un rencor no corpo que xurou que si voltaba alghuna ves, capábao sen mais. Adicou a súa vida a investighar métodos para levar a cabo a súa vinghansa e preocupouse de que a nova tradisión familiar fora de proveito para as xerasións posteriores. Ata que a minha tía Finoca, á que lhe ghustan os porcos, esa que xa vos falei dela alghuna ves, desidíuse a ponher en prática as ensinansas da bisavoa Anghustias, á que todas as femias da familia a temos coma unha deusa e con rasón.

Tamén tiven un tio que foi a Canarias e vinha todos os verans á aldea. Tamén foi un precursor, na súa parsela, que esensialmente foi ghastronómica, fusionando que se dí aghora. Tínhanos a todos os rapases cun medo moi ghrande a que cheghara o bó tempo e ter que sufrir as súas merendas, que consistían básicamente en pan de molhete con plátano. Bocadilho tropical, sen por sen potasio, chamábao. O peor de todo era que se ponhía a mirar para nos,  coma comíamos a súa invensión e non había escapatoria. Sua influensia foi tan ghrande no pobo que a día de hoxe na tenda non venden plátanos, porque non hai ninghén que os queira.

Apertas

6 comentarios:

  1. Estoy de acuerdo en que la primera mujer del mundo fue gallega. Bueno, más que de acuerdo, estoy segura.
    Mi padre también hace apología del bocadillo de plátano. Él tuvo una experiencia religiosa de niño, al encontrase una peseta debajo de una parada de mercao., Se compró un panecillo y un plátano con la mitad; le supo tan a gloria, que con la otra mitad se compró otro panecillo y otro plátano. Hace de eso 70 años. Todavía saliva cuando lo cuenta.

    ResponderEliminar
  2. yo llevo todo el dia espallada en la cama con resaca, necesito potasioooo

    ResponderEliminar
  3. Será cousa de probar o bocata de plátano, xa que todos o recomendades.

    ResponderEliminar
  4. Mi madre nos daba bocadillos de plátano cuando éramos pequeños, era la mejor merienda.

    Lo intenté una vez con mis hijos y no hubo manera, la tradición popular que Femia conoce muy bien se va perdiendo, que le vamos a hacer.

    ResponderEliminar
  5. Me gustan los vídeos que nos pones, Femia, tienes buen gusto para la música.

    ResponderEliminar
  6. Muy buena entrada de Femia como siempre, me comeré en tu honor un bocata de potasio.

    ResponderEliminar