Por Femia Castradora
Na minha vida tiven que fuxir moitas veses. Son unha fuxitiva ghrasias á incomprensión da xente. Non me entenden, nin a min nin á minha prinsipal ocupasión. Ás veses penso que non pagha a pena todo o que fixen ata aghora. Deixar a Vinghador nunha caixa e botalo á ría.
Son momentos de debilidade e arroutadas que logho non pasan de ahí. Tamén hai intres moi aghradesidos neste trabalho. Cando olho os botesinhos có material recolhido por todo o mundo que tenho nunha balda da estantería do salón e penso: estas son de Xan, o mestre que me suspendeu no instituto inxustamente e lémbrome das vivensias cos meus companheiros de clase; ou : mira, as do home este que non me lembro do seu nome, pero si de canto corría para que eu non lhe alcansara. Pódome botar horas de aleghre anhoransa, vendo o produtiva que é a minha vida.
Ese é lado bonito da cousa. E contárvolo a vos faime moito ben.
Tenho amighos onlain. Vós, meus amighos. Companheiros da viaxe da vida. Sodes o meu refuxio nos momentos de debilidade, a lus na neghra sombra, o sorriso no enterro, o asol na ferida, o chupinho de licor café para reconfortar do frío.
E tenho amighos que me conhesen en persoa, pero ós que non podo contar as minhas andansas.
Tiven noivos a esghalha. Os mais afortunados, a maioría deles, conheseronme coma castradora e todos quedaron coa boca aberta e mais alixeirados. Non sei separar o trabalho do plaser. Case todos quedan abraiados da minha destresa e parese que empequenhesen cando se dan conta de quen son, porque a pesares de que fágholhe xurar que ó día seguinte voltamos a quedar, ninghún aparese.
Ninghún? Non. O Capitán Camarinhas nunca me deixou. Era un home que levaba a fidelidade coma bandeira. Conhesino nun entroido e pareseume normal. Díxome que era un super heroe da terra. Ía por toda ghalisia fasendo o ben e liberando das cadeas das inxustisas a todo home que o presisara. Pareseume moi romántico e esa misma noite saimos de parranda, a beber todo o licor café do bares.
Levaba un disfras moi trabalhado: piterpans verdes e unha camisola que lhe cheghaba ó pescoso moi axustada, deixando adivinhar o seu corpo musculoso de tanto loitar contra os malvados. Por riba de eso levaba uns calsóns feitos de encaixe, unha capa do mesmo tecido e no peito, as inisiais CB entrelasadas, coma o emboso das sábanas do aghuar da minha curmán. Ven visto paresía un madelman logho de pasar polas mans dunha nena cursi.
Quedamos para a semana seghinte, porque me dixo que tinha unha misión que lhe íba a levar moito tempo solusionala. ando nos voltamos a ver, xa acabara o entroido. Pareseume raro que vinhera cunha ghabardina tosdo tapado, pero o que me chamou a atensión ó sentarnos foi que non a quitou e que víanselhe os piterpans verdes por baixo.
Eu, que xa cheiraba que algho non ía ben, preparei a Vinghador , non soio para a súa funsión, senón tamén polo que poidera pasar, non paresía pelighroso, pero nunca se sabe.
Aghuanteino dúas semanas, que xa é tempo. Ata que unha noite me dixo que íbame levar a dar unha volta voando. Ahí xa si que non! Aínda por riba de ter que seghirlhe a historia, soio faltaba que eu terminara esnafrada en alghún lughar. Díxenlhe que para iso tinha que melhorar a aerodinámica e eu podería axudalo castrándoo. Normalmente, cando lho comento ós homes, soen ponher reparos, aínda que logho saen da esperiensia moi contentos, desindo que tenhen que voltar á casa, que se lhe olvidara que tinhan algho urxente que faser. Eso é algho que tenho que estudar ben, porque parese ser que potensia a memoria.
O Capitan Camarinhas non soio non lhe pareseu mal, senón que me dixo que si eu pensaba que había algho mais que lhe axudara a voar milhor, podía cortarlho. Pero eu son castradora, non Lorena Bobbit e soio fun ó meu. Aínda hai clases.
Cando me cansei, funme e deixeino toda a noite tentando despeghar sen moita sorte.
Vinha á minha casa todos os días e a mín xa non me fasía ghrasia, unha porque xa estaba farta das risas da xente que o vía co traxe de encaixe e outra porque ahí xa non tinha nada que rascar unha ves feito o meu trabalho.
Desidín marchar para outro lughar, onde o Capitán Camarinhas non me topara.
Non me arrepinto, eu son unha mulher desidida, sen ataduras nen responsabilidades. E así seghirei.
Apertas.
Esa es mi femia!!!! caña al capitan camariñas!!!!!
ResponderEliminarTendrías que montar una escuela de castradoras, que nos hacen mucha falta. Muy buena la entrada de este sábado como siempre
ResponderEliminarEu sempre, de neno, sonaba con ser o Capitán Camariñas e loitar pola xustiza no mundo, contra os malvados que so buscaban o door e atacar a xente boa.
ResponderEliminarimaxinabame a min mesmo cos calzons e a miña capa de encaixe e os peterpanes verdes.....así quería ser eu.
Repentinamente deixei de sabr de él, pensei que algun nser mais poderoso que él, alguna persoa malvada e son malas intencions, acabara con él.
Nom me equivoquéi.
Femia, mira que eres mala rapaza, tes un perigo....deixar a o Capitan Camariñas como a princesa das flores...
Estoy de acuerdo con Arturo, yo me apunto a esas clases aunque no sé si estaría a la altura.
ResponderEliminaryo ahora mismo no puedo ;-) pero en cuanto termine con mis examenes me matriculo enseguida jajajaja
ResponderEliminar"Non me arrepinto, eu son unha mulher desidida, sen ataduras nen responsabilidades. E así seghirei."
ResponderEliminarAsí se fala, Femia!