sábado, 2 de abril de 2011

TERROR NO HIPERMERCADO.


 Por Femia Castradora

O mundo é unha aldea ghlobal, seghún din por ahí. Pode ser, non che digho que non. Fai un mes abriron un hipermercado serca da minha aldea e está toda a xente revolusionada. Chéghannos notisias de que alí hai productos vidos de todo o mundo.É un pouco coma cando se descubríu América, tes un mundo novo onde mercar, aínda que non sei eu si os fideos chinos ou as patacas parís chegharán a ser a base da nosa cosinha, penso que non. Ou os conxelados, que non sei para qué os queremos, tendo na leira todo para colher cando queiramos. Minha vesinha, a senhora Lusía foi alá a mercar, e coma é das máis velhas do lughar, foi de avansadilha para ver coma ía a cousa.

Os do hipermercado queren que todos os da comarca vaiamos mercar alí e puxeron un autobús para ir recolhendo á xente por todos os pobos e aldeas da comarca, a dispersión, xa sabedes. Os da taberna andan cabreados porque din que lhe acaban co neghosio e andan polos caminhos cambiando as sinais para que os autobús acabe indo para a autoestrada que vai a Lugho.

Non creo que fagha falta. Eu, que estíven vendo mundo moitos anos por Fransia, Alemanha, Portughal... e mesmo fun tamén ás Américas, non boto de menos nada na aldea.

A senhora Lusía foi alá. Seghún contou cando veu, nada mais entrar, fixéronhe tirar dun carrinho mais ghrande que ela moi difísil de xirar, e que a medida que andaba, se ponhía a man nos ferros do carro, dábalhe un chispaso. Eso é pola electrisidade estática, xa lho dixen á senhora Lusía, que tamén lhe pasaba ó meu Catro L fai anos, ata que lhe merquei un rabinho na ghasolinheira.

Ela iba a por peixe, porque o médico díxolhe que tinha que faser dieta polo seu asúcar, que o tinha un pouco alto. A pobre mulher estivo percorrendo os corredores tirando do carro e non atopaba o que buscaba. Atopou unha mosa disfrasada coma se fora unha pastora que , según ela, quería que comese uns trosos de queixo, e mesmo tamén que bebera un sumo novo. A senhora Lusía, que xa ten uns anos ensima e sabe de qué vai a cousa, e desconfía, e fai ben tal e coma están os tempos, díxolhes que ela iba a mercar peixe e que non iba a paghar nin un patacón mais por algho que non quería, por moito sorriso que lhe puxeran, que eran uns estafadores e que vergoha lhes tinha que dar enghanar a unha mulher que vivia dunha pensión de viudedade.

Logho de deixar sen fala á pastora, seghíu á procura do peixe. Ata que o atopou. Dixo que era moi ghrande e que seghuramente na furghoneta de Eladio, o peixeiro que iba vendendo pola aldea, non cabía todo o que alí había.

Na peixaría estivo un bó rato ata que estoupou porque según ela, haiche moito espabilado que non gharda a ves. E púxose a discutir cun home que disia que o seu papelinho tinha un número e ese era o que tocaba. A senhora Lusía díxolhe que qué papelinho nen que ghaitas, que ela de toda a vida mercaba e que sabía cando lhe tocaba a ela a ves, sen ter que apuntar nada.

Cando voltou á casa, logho de tomar unha pastilha para a tensión, que lhe sube moito cando discute, e outra para a sirculasión, que tanto paseo polo hiper inchóulhe as pernas, foi faser a sea co peixe que atopou na sesión de conxelados. Coma o doutor lhe recomendou, íba sear peixe cosido, que o seu trabalhinho lhe dou atopalo.

Ó día seghinte, falando cos vesinhos, aseghurounos que melhor era mercar na taberna, que aforrabas disghustos e penalidades. Tamén dixo que o que lhe venderon non era o que ponhía na caixa por fora, que os pausinhos de pscada non eran tan crocantes e que se desfixeron todos ó contato ca augha cando os meteu na tarteira.

Apertas.


6 comentarios:

  1. Non hai como aquelas tendiñas nas que tiñan de todo. Hoxe as grandes superficies deshumanizan o comercio e nos venden produtos 100% artificiais.

    Na aldea dos meus pais pecharon hai uns meses a única tenda de aquelas que resistía, e xa non será a mesma. Unha mágoa.

    ResponderEliminar
  2. Non seí si subo o baixo.2 de abril de 2011, 13:23

    Ay, Mi Femia, o que ti tes, xa o dixo Aznar, é que me eres moi galega...

    ResponderEliminar
  3. E ben orghulhosa estou de selo.

    Fai anos conhesín a alghén que lhe daba verghonha falar ghalegho, ou mais ben ser ghalegho. Ser ghalegho lévase sempre coma bandeira.

    Non o entendo. Eses van no saco imbésiles e escuros, coma ben dixo Pondal.

    Ghalisán, vexo que nos entendemos. Un bico.

    ResponderEliminar
  4. Di que si, Femia. Ante todo galegos.

    ResponderEliminar
  5. estoy de acuerdo y eso que yo el gallego lo hablo muy mal y lo escribo peor, pero odio a esos que se meten con los gallegos, que si subimos o bajamos, nunca he visto a un gallego parado en el medio de una escalera

    El mejor remedio para la resaca es Femia Castradora ;-)

    ResponderEliminar
  6. Muy buenas tus elecciones musicales, Femia, me encanta esta cancion que no la conocia

    ResponderEliminar