sábado, 14 de mayo de 2011

CANDO O AMOR CHEGHA ASI, DESA MANEIRA.




Por Femia Castradora

Meu amor:

Primeiro descúlpame por faserche isto logho dos anos que nos conhesemos. Sei moi ben que non o esperas de mín, son moitos anos sen desir nada. Pero ata hoxe. Quéroche e non o vou neghar.

A primeira ves que che vin, ghalante e cun tipaso que metía medo, paresíchesme algho soberbio  e non souben ben coma manexar o noso. Parese mentira, pero cortáchesme. A min, unha mulher con esperiensia e farta de ter relasións con outros. Pero cando che vín, enseghida dinme de conta que o noso era para sempre, sen dobleses, nen mentiras e cun apoio total ó meu ofisio.

Ti sempre estás ahí, calado, pero con unha fidelidade que dubido que outro tenha. Sempre acudes á minha chamada con rapides e sen desir nada, coma a min me ghusta. Antes houbo outros, pero ninghún coma ti. Vexo os meus olhos namorados reflexados en ti e eso é moi fermoso. Non todo o mundo ten unha alma xemea coma  ti, meu ben.

Na nosa relasión hay confiansa, fomos faséndonos o un ó  outro sen esqueser a nosa identidade, complementándonos coma a filhoa que se pegha á tixola. Ou coma o miolo e a codia, pódelos separar, pero non van ser nada un sen o outro.

Síntoche serca de min, rulinho, e cando che toco pasa unha corrente que me atravesa e faime ponher a pel de ghalinha. Cando te tomo, sintoche forte e desidido e ó mesmo tempo abrandado, sobre todo desde que che puxen ghomaespuma suxeitada con esparadrapo no teu mangho.

O noso, Vinghador, o meu coitelo, é un amor que vai deixar peghada neste mundo cruel e sen sentimentos. Sempre túa:

Femia.

8 comentarios:

  1. Miña santa...coma doer

    ResponderEliminar
  2. Preciosa declaración de amor.

    ResponderEliminar
  3. Sentin a nesesidade de faser esta declarasión ó meu companheiro. Sen meu Vinghador non son nada, Aninha.

    Non sen minha Femia: espesifica, non sei o que pos. Estás a sacarlhe o sitio a Santano, que tampouco hai quen o entenda.

    Aproveitando: Santano, non sexas tan vaghoneta e pon algho, non venhas co conto de que non tes tempo, que te vexo por outros blogs. Xa sabes que eu non perdoo as infidelidades.

    Bicos.

    ResponderEliminar
  4. Non sen minha Femia14 de mayo de 2011, 13:46

    Perdoa parruliña, no se escribir en gallego, sinto. A partir de ahora en el idioma de Cervantes y así no me lío tanto. Un abrazo muy sentido que espero por los sábados nerviosa con ansia para leerte

    ResponderEliminar
  5. Non..., nen se che ocorra. En galego, aínda que te líes, así vas practicando e xa sairá melhor.

    Animo, mulher. Seghe intentándoo.

    Bicos.

    ResponderEliminar
  6. Querida Dora Castro:
    Penséi, cando émpecéi a leer isto, que era por mín, hasta que chequéi o final e quedéi descorazonado. Esperaba meu nome e aparecéu o dese sinvergoña e sin escrúpulos do vingador.
    Que ten el que non teña eu, quizais sexa mais delgado y afiado pero tampouco ten pelo, eu non penso na venganza e él so pensa en iso, eu perdonaríache todo e calquera día él volverase contra tí.
    Debias darme una oportunidade pero sin que el ande preto de nos.
    Pensao ben, creaches un monstruo.

    ResponderEliminar
  7. Femia Castrastradora15 de mayo de 2011, 0:54

    Qué pasa, home? Estás feito un pleiboi, Santano. Non sei si fiarme dos teus sentimentos, seghuramente iso lho dis a todas.

    ResponderEliminar
  8. Ehhh, que Femia es mía, hay mucho moscón por glub
    ;-(

    ResponderEliminar