sábado, 25 de junio de 2011

MEU VERÁN. CUARTA PARTE. Romerías.



Por Femia Castradora

As romerías. Qué desir delas cando unha é atea? Pois alá vou. (Isto faime pensar na película a Lingua das Volvoretas, cando ó mestre comensan a chamarlhe: ateo, ateo!!, ghran momento para a minha reafirmasión persoal)

Son festas enraisadas, din que son a evolusión de ritos ansestrais, e eu tamén o penso.

O que diferensia as romerías das outras festas é que nas romerías podes cheghar de xeonlhos ata ela e nas outras voltas para a casa da mesma forma. Olho, non é tan sinxelo: nas romerías tamén podes acabar polo chan. A cuestión é pola cheghada básicamente.

Romerías hai moitas pola nosa amada terra: das que tes que ir á andar, das que tes que saltar riba dunha pedra que abala, das que hai cadaleitos, das que podes ir cunha cabesinha, estremidade ou algho de sera, das que vas coa comida para pasalo día coa familia, das que tiras pedras ó telhado resén posto da ermita, das que tes que ir en barca... Pois hai moitas e moi vareadas.

Outra particularidade son os ofresidos, que coma sabedes, son xente que estiveron en pelighro mortal e ofrésense ou ofrésenos alghún familiar. Se cura, o ofresido ten que ir á romería.  Isto é un pelighro para a xente con  avoas, tías e nais esaxeradas. Por exemplo, caes e escaralhas o menisco. Vas ó hospital e dáseche por chamar a  alghunha delas para que che recolha co coche. E alá van, coma se foran pilotos de ralis, ponhendo en pelighro a integhridade de os outros condutores. Mentras van na carreira, xuran que se saes desa, vas de ofresido a unha romería, eso sen ti sabelo. Catro meses despois, dínche que tes que ir de xeonlhos polo menos dende o atrio ata a porta da  ighresia. Alá van  meses de rehabilitasión ó caralho.

É o día ghrande para o cura, ó que non lhe fan moito caso polo xeral normalmente. Pero cando chegha  o día... é o home mais felis da terra. Levántase moi sedo e a medida que cheghan os devotos, vaise convertindo nun polisía de tráfico de Manila, mais concretamente o que baila o munghualquer entre os coches. Parese que o home vailhe dar algho:" Esa xente, que non fagha montóns na porta; non, churros non me apetesen aghora, que a mín me repiten; que non se pode entrar con velas ensendidas, que o ano pasado case lhe prantades lume á ighresia; ghrasias Tareixa, non quero churros; imos coa misa de dose, os da tómbola, que baixen o volume; que non, non quero churros; bueno mulher, xa lhe dixen que non quero churros e de tanto ofreser,tenho a casulha toda chea de aseite e era de estrea."

Ghran oportunidade para a xente que está a réxime para botar milaghreiramente michelins perdidos con ghran esforso. Nas romerías atopas rasións de polbo, que o polbo non enghorda, pero o pan molhado no aseite con pementón é unha bomba, tamén tes churrasco e logho para sobremesa, melindres cheos de asúcar que están moi bos.  E o licor café e o vinho de Araghón, que sonche moi sibilinos os dos vinhos de Araghón. Tanto biscochinho para molhar e non te decatas que estás a cheghar ó límite da capasidade do teu fíghado.

Pero hai que ir coma se fora o derradeiro día da túa vida. Pasou o día, pasou a romería.

Apertas.

6 comentarios:

  1. Femia, cada fin de semana mellor que o anterior, para que logo diga Glub que en galego non se publican boas obras, e o di el que é quen te publica no seu blog

    ResponderEliminar
  2. Digho eu!! Ghlub, xa falaremos.

    ResponderEliminar
  3. E decídesmo a min, que son s único que publica algo de calidade en galego.

    ResponderEliminar
  4. Non sen minha Femia25 de junio de 2011, 13:20

    Tanto Glub coma Femia debaerías de facer unha recopilación dos artigos, nun libriño de isos, tan de moda, para o ciudadán de a pé. Querovós a o centimo é pataco, sen me apuran hasta o euro

    ResponderEliminar
  5. femia nunca me lleva de romeria!!!

    {:-(

    ResponderEliminar
  6. Divertidísima Femia, como dicen, cada vez mejor.

    ResponderEliminar