Por Femia Castradora
Minha vida vai lighada ó rural. Alí son felis e síntome realisada. Os veráns son tranquilos e sen estrés.
Permaneso en armonía ca naturesa e comparto vivensias cos animais do entorno. Son coma una Tarsana do rural, rodeada de vacas, ouvelhas , quiricas, cans e demais animaladas. E comparto esperiensias. Se vou a banharme ó río, alá imos todos, pareso a encarghada de levar as parelhas de animais á arca de Noé, que foi o primeiro ecoloxista do que se ten notisia. As pombas non lhe interesaban moito, xa que non dubidou en utilisalas en benefisio propio.
Pois eso, eu vou cos animais ó río e alí ghústanos retosar na augha. As ouvelhas molhan a súa lá, Marela nada coma unha tola, o que lhe ven moi ben para a súa musculatura vacuna.
As quiricas son mais de ir buscar ghusanos que de nadar. Non pensan en mais que picotear. Hai que acostumalas, senón non disfrutan do verán coma todos e eso tenme preocupada. As veses, bótoas á augha para que refresquen, parese que non lhe ghusta moito o asunto, neso son coma os ghatos.
A situasión lémbrame moito ós meus tempos ghipis, mulher e naturesa en comunión (é a única ves que estou en comunión, non pensedes). Sen historias de ver quen leva o banhador mais fáxion e sen ter que meter barrigha cando se che aserca alghén. Non pensedes que vou ás posas cun triquini de Andrés Sardá con pedraría.
Eu son partidaria de ir en sirolas e de ves en cando, cando me peta, colho e ponho un meiba, herensia familiar do meu pai mais en concreto. Tamén tenho un banhador da minha nai, pero é coma ponher un xersei, do ghordo que é. Se se molha, ó sair pesas polo menos sinco quilos mais, ata pode ser pelighroso para o tema natasión. Hai que reconheser que ten unha vantaxe, que ó ter reforso no peito dun plástico (copas duras, que se lhe chamaban) se tropesabas e caías, non había pelighro, xa que o que tocaba o chan primeiro eran o super suxeitador acorasado e non pasaba nada.
Cando era unha nena e os meus pais non me deixaban ir ó río soa, entón había a opsión lavadeiro, que tamén tinha o seu aquel. E por riba, se estaba alghén a lavar, tinhas o dous por un e xa ibas limpinha á casa.
Apertas.
Onte preferín non entrar no tema das touradas, que logo se me botan todos encima, por eso é unha ledicia ler a Femia os fins de semana.
ResponderEliminarno te enfades galizan que aqui te queremos mucho, ya lo sabes. Femia que grande eres :D
ResponderEliminarMe apunto a un día de verano con Femia y sus animales.
ResponderEliminarIso de bañarse cos animais estílase tamén nas praias...
ResponderEliminarDanónimo dixo: "Me apunto a un día de verano con Femia y sus animales". No rio, si pode ser, quero vela todoa alborotada, tamén en o pilón. Un bico e apertas.
ResponderEliminarEn vez de tanto bañar nas ovellas tíñaas que estar rapándoas que agora é o tempo. Menos río e máis traballar.
ResponderEliminarOla a todos e moitas ghrasias polos vosos comentarios.
ResponderEliminarUn día de estos, imos todos ó río, eu ponho os animais, se tedes cans, ghatos ou o que sexa, tamén seran benvidos.
Anónimo, minhas ouvelhas prefiren a media melena e eu non vou ser quen lhe quite a ilusión. Cando saen da augha paresen a mosa esa da película de Lleinsbón. Tenhen ós cordeiros da parroquia detrás delas.
Bicos.