sábado, 18 de junio de 2011
MEU VERÁN. TERSEIRA PARTE. Festas patronais.
Por Femia Castradora
As festas patronais son a festa rachada por eselensia. Todo un ano esperándoas (en esto son ighuais que as romerías e as festas ghastronómicas, das que algho vos direi as prósimas semanas). A diferensia?
Pois que o senhor alcalde dí que non hai dinheiro para fasela e entón é cando aparese en esena a Comisión de Festas. Cando chaman á porta para que sexas un desa Comisión é coma se te atopas coa Santa Companha na fragha de noite. Sabes que vas acabar levando a crus ata que ó ano seghinte sexas ti quen chame á porta de outro incauto.
Hai que darlhe o valor que ten, que moitos pensan que son un ghrupo de xente que oito meses antes da festa andan polas casas pedindo cartos ata a noite e logho tenhen unha escusa para ir á taberna sen que a mulher se lhes mosquee. Non, non é así. Cando entras na Comisión convírteste nun apestado. Notas coma a xente coa que te crusabas antes e botabas un rato de leria contigho, aghora saen do teu caminho e fan coma se colheran fiúnchos. Para botar sulfato non hai xente, pero logho ben que van bailar.
Serto é que nesa situasión tes que faser moitas relasións públicas, ata pode que a túa familia despois de dous meses na Comisión esté a pensar en levarche ó Proxeto Home. Pero iso é algho que a familia débeo tomar coma danos colaterais, sobre todo porque logho a avoa vése recompensada o día do patrón coa honra de levar o ramo na prosesión diante do santo, que hai xente que mata por levar un ramo diante de toda a aldea.
Tamén aprendes moito. Tratas con xente da farándula e sempre sacas cousas en limpo de esa relasión. Son a vida mesma. Se tinhas un pouco de inosensia, pérdela de gholpe. Din que ó cheghar hai que cobrar, senón non montan. Ahí si que tenhen rasón, porque logho de un ano de orghanisasión, a Comisión disólvese o día da festa sobre as des e media da manhá ghrasias ó licor café e logho que paghe o cura.
Logho tes unha ghran responsabilidade, xa que tes que elexir a orquesta e non vale calquera. Cóma sabes tí se a Orquestra Samba Pá Ti é melhor que a Orquestra Sintrón, Que Corra o Sanghre? Difísil desisión, mais aínda tendo en conta que se non botan pola noite Xirarei ou Cada día mais linda, mais linda iso non vai arriba. Tamén tes que saber que ten que haber algho de Serxio Dalma, Ghuan Pardo e Leidi Ghagha. Tanto tenhen que sair contentos os xubilados coma os mais novos. É un reto do que se sae coa cabesa alta se miras o Luar na tele. Un prodixio de diversidade.
Apertas.
Etiquetas:
Femia Castradora,
Humor
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
POR ALUSIONES:
ResponderEliminarQuerida Femia, non nos compares con isos grupos de presión que so sirven pra criticar e falar de que da mais e quen da menos a o peto das comisións de festas.
-´´Maruxa a de Manolo o da Pita puxo euros e o outro día vina comprare una colonia de 25´´-.
-Pois anda que a filla do torto, fixoque non escoitaba o timbre e quedou na casa duas horas sin siar hasta q marchamos. que vergonza.
O noso cometido e moito mais importante e antigo.
esa es mi femis querida!
ResponderEliminarXDD
"ata pode que a túa familia despois de dous meses na Comisión esté a pensar en levarche ó Proxeto Home" Ja, ja, ja.
ResponderEliminar¡¡Arriba las comisiones festeras!!
Aquí la mejor orquesta para las verbenas es, de toda la vida vamos, La orquesta Montecarlo. "Viene La Montecarlo, tú" te dicen, como algo grande.