sábado, 2 de julio de 2011

MEU VERÁN. E QUINTA PARTE. Festas ghastronómicas.


Por Femia Castradora

Aghora no verán saen coma coghomelos. Son unha forma de dar a conheser os nosos produtos e faser unha esaltasión dos mesmos.

Para faser unha boa festa ghastronómica nesesítanse alghunhas cousas fundamentais. Pode ter mais inghredientes, pero eso xa son cousas a maiores, superfisiais. O mais importante:

 Ter alghún produto que sexa típico da sona. Non pensedes que é doado atopar unha cousa así tal e coma están estas festas eiquí. Hai a festa da lamprea, do cosido, dos pementos de Arnoia, dos pementos de Padrón, do marisco, do vinho, da vincha, da ameixa... Din que pódese crusar Ghalisia indo de festa en festa ghastronómica sen darche tempo a faser a dixestión.

Se hai alghún conselho  que non tenha festa ghastronómica, xa pode ir dándolhe voltas á cabesa, porque non é doado atopar un produto libre. Para iso está o conselheiro de festas, para pensar nunha festa que non tenha ninghén. E si non a hai, pois a inventala.

Coma suxerensia, quedan libres a festa do arrós á cubana que ademais pódese aproveitar para estreitar lasos con outras culturas; a dos ovos fritidos con patacas, ghran aliado d@s cosinheir@s sen moitas pretensións; ou a das papas de leite quente con pan de maís, que hai que recuperar velhas costumes.

Unha ves tenhamos elixido o tema da festa, hai que encher o campo da festa de xente. Esto é o mais doado, xa que nós somos dende sempre xente de bó comer, aínda que  sempre hai repunantes ós que non lhes ghusta algho e acaban indo a un bar para que lhe faghan un bisté.

Estas festas son tamén a Operasión Arroás, que é  unha reivindicasión das barrighas cheas sen arrepentimentos posteriores e unha oposisión desidida á Operasión Bikini. Cada cousa é para o que é, e si temos cousas boas que botar á boca, pois haberá que comelas, digho eu. Non hai que confiar da xente que ten o cú ighual de ghrande ou mais pequeno que o do seu filho, non é normal.

Ten que ser unha festa para todos, non pode ser eso dos presios populares. Hai que contar que hai xente que vota outras osións políticas e tamén queren comer empanada.

Para rematar, e moi importante, é non caer na tentasión de subir ó barco vikingho , á pandereta ou a calquer outro aparato que fagha movementos estranhos. Os cartinhos custa moito ghanhalos para que queden tirados no chan ou na roupa do rapás que sentou á túa beira.

Non sei se hai unha festa do licor café, pero se non a hai alghuén debería fasela.

Bicos.

5 comentarios:

  1. "Non hai que confiar da xente que ten o cú ighual de ghrande ou mais pequeno que o do seu filho, non é normal." Femia for president.
    Ay, el licor café...Por estas tierras (sobre todo Cocentaina, Alcoy...), se le rinde culto. Es un elemento indispensable en las fiestas patronales. Se bebe mezclado con agualimón o café granizado "la mentireta" le llaman. Una bomba. Algún día he de animarme a escribir mi iniciación al licor café años hace muchos ya. Otro vínculo con Galicia, no te digo yo...

    ResponderEliminar
  2. Moi bo como sempre, Femia, e tamén as tuas selección musicais, tes mellos gosto que o Glub-

    ResponderEliminar
  3. Ghata, ti de seghir así vas ser mais ghalegha que o botafumeiro. As mesclas do licor café haberá que probalas. Tes que deesirnos as proporsións, que son a clave do asunto.

    Coco: Moitas ghrasias. Ghóstame que che ghoste.

    Bicos.

    ResponderEliminar
  4. Odio todas las fiestas populares, pero las gasronómicas es que no puedo con ellas, son las peores

    ResponderEliminar
  5. Xa vexo que ti eres mais de peticomité. Podes faser unha festa na tua casa, o resultado é o mesmo, pero sen aghobios.

    Bicos.

    ResponderEliminar