sábado, 23 de julio de 2011

OS PALABROS


Por Femia Castradora

Hoxe vou recapasitar sobre a evolusión da nosa linghua e de coma esa evolusión é síntoma da vivesa que ten.

Vos diredes: pois non sei se ti eres a quen de falar diso. Ghrave erro, falar pode falar quen queira. É verdade que o meu ghalegho non é o que se dí un ghalegho de libro, que non tenho nada na súa contra, todo o contrario. Paréseme moi ben, soio que eu quero espresarme no ghalegho que ouvin e aprendín na aldea. Son unha integhrista da línghua.

Ghústanme os palabros,  fonte de sabedoría popular. (Sabedoría, fermoso palabro, esta non a vou a espricar):

Mondarina: orixinariamente mandarina. Qué pasou con este palabro? é un produto da fusión da mercadotenia e a rasón. Fai tempo, cando non había mondarinas en Ghalisia, cheghou un mercader dos que ían polos pobos vendendo os seus produtos. Estaba a introdusir a mondarina en todos os lughares onde non había.
O fulano en cuestión era valensiano. Coma cualidades do produto o home destacaba a dulsura do sumo, o pequenas  que son, que as podes levar no peto sen que a súa voluminosidade estraghe o porte ghalhardo do portador, cousa que soe pasar coas laranxas, moito máis ghrandes. Levar tres laranxas repartidas polos petos da vestimenta é coma se foras un ghremlin resén molhado reprodusíndose. Coa mondarina non pasa.

E outra cousa que caraterisa á mondarina, e de ahí sae a derivasión, é que se monda coma dios. Mesmo os rapases pequenos poden faselo. Entón temos mandarina que se quita a monda coma dios= mondarina.

Retonda: Antes mal chamada rotonda.  Ista é de nova creasión, xa que antes nos nosos caminhos non había diso. Aghora vas por calquer estrada e atopas moitas. Hai unha proporsión, botada a olho, de unha retonda por cada des quilómetros.

Quén inventou a retonda nas estradas? Moi fásil: foi un home que levou un gholpe na cabesa e estivo varios meses sen conhesemento. Ó despertar, a familia deuse conta de que non quedara ben e que iban ter que faser algho pola vida laboral do home, que se lhe conseghían un trabalho ata podería casar e ter filhos, levaría unha vida normal. Coma conhesían a alghén dun ministerio e de aquela levábase o do enchufe casiquil, alá o meteron.

Co paso do tempo, a suma de trienios e vendo que ó home ghustábalhe moito ponher selhos nos papeis ofisiais, e mais todavía dende que os hai automáticos, desidiron subirlhe a categhoría. O home era un amante do idioma morse e dos estraterrestes. Desidíu que nada milhor que as estradas para ponhernos en contato con seres de outros planetas a través dos puntos e ghións que ía debuxar víndose dende  as alturas (----o-----o---o--o------o) Unha cousa paresida as linhas de Nasca.

Rotonda, redonda, retonda. Esa foi a evolusión  lóxica.
Penícula: un cacho palabro onde os haxa, naturalmente o que sinifica é película de contidos esplísitamente pornoghráficos. Palabro patrosinado por Pacopalhas, o solteiro de ouro da aldea. Película, pene, penícula.

Hai mais palabros: alquilino (home ou mulher que vive de alughuer, eiquí vemos craramente un espanholismo adatado. Inquilino, alquiler, alquilino), todas elas fermosas e das que temos que usalas coa debida dignidade, có orghulho de ter una linghua viva. E se alghén non sabe valorar isto, non vos preocupedes, haiche moita falta de inorancia.

Apertas.

3 comentarios:

  1. O home era un amante do idioma morse e dos estraterrestes. Desidíu que nada milhor que as estradas para ponhernos en contato con seres de outros planetas a través dos puntos e ghións que ía debuxar víndose dende as alturas (----o-----o---o--o------o) Unha cousa paresida as linhas de Nasca.
    ¡Qué bueno Femia, cómo me he reído con esta palabra! (aunque declaro que eu soy una defensora acérrima de las Retondas)
    Excelente selección musical, me encanta el cantante ¿es soltero?

    ResponderEliminar
  2. Femia sempre nos da o seu respiro de fin de semana, o que é de agradecer, grande Femia cada vez máis.

    ResponderEliminar
  3. Non sen minha Femia23 de julio de 2011, 22:30

    Femia é pavera coma ela sola. ¡Qué cousas ten! é a de persoaxes que coñece na seu aldea.

    ResponderEliminar