sábado, 6 de agosto de 2011

DE EXIPTO A OS ÁNXELES


Por Femia Castradora

Ghústame viaxar e conheser sitios novos, xa fixen a minha viaxe destas vacasións. Saín da aldea no meu catro ele, que tantas satisfasións me deu e tomei rumbo a Exipto. Sempre me ghustou ir. Os de Exipto son xente interesante e moi aghradable. Farteime a comer empanada e beber vinho da terra. Xa estivera en Exipto fai uns anos, na voda da minha curmá. En Chicolino, ghran mariscada. Desidín faser unha xira e fun ata Os Ánxeles. Aghora está cheo de urbanisasións e de xente que trabalha en Santiagho. O sitio está ben, fun ver á momia de Santa Minia, en Brión, que está ó lado dos Ánxeles. Dá unha pouca (máis ben moita) de ghrima. A min, que son castradora, e se supó que estou acostumada de ver cousas peliaghudas, non lhe vexo a ghrasia a ver unha mulher coma se fora unha folha de bacalhao.

Logho pensei que os de Exipto tinhan que falar cos de Brión e faser un intercambio, para que a momia estivera melhor alí, por iso de completar a oferta turística. En Exipto ten que haber polo menos unha.

Fixen balanse da viaxe: Exipto e Os Ánxeles. Onde iría logho?

Desidín que tinha que finalisalo nun lughar fóra do normal e fun a Extramundi, lughar onde podes sentir a Ghalisia rural. Por esa sona estivo Rosalía e síntese un máis preto da Terra. Fun ver as beiras do Sar, escoitei as campás de Bastabales e non puiden ver as folhas novas porque as árbores que vin non eran caducas.

Extramundi é un pouco coma Finisterre, pensas que vas cheghar alí e se non andas con olho podes caer nun ghran abismo, acabou o mundo e hai que dar volta. Pero non hai tal cousa, podes ir correndo polo campo sen medo a acabar os teus días na neghrura dun burato sen fondo.

A minha viaxe por Exipto e Os Ánxeles saíume do máis barato. Non coma a minha  vesinha, que dixo que ghastou moitos cartos.  Eu non fun de cruseiro polo Nilo pero nin falta que fai.

Apertas.

6 comentarios:

  1. Non ten moito mérito, Femia: cun catro ele calquera!!

    ResponderEliminar
  2. Adoro a Femia ¡es tan refrescante!. Sí: Refrescante. Eso es Femia.
    Lo que siento es no hablar galego. Algunas cosas se me pierden. Mecagüen.

    ResponderEliminar
  3. Non sen minha Femia salerosa.6 de agosto de 2011, 18:27

    No te sé, miña rula...¿de verdad viajaste? o son cosas de ese alcalde tan enrollado que tienes? A ver si te llevo en un cuatroxcuatro a ver leiras...y el licor café, ya se sabe. Un beso amor, que siempre espero con ansia los sábados.

    ResponderEliminar
  4. Boísimo Femia, coma sempre.

    ResponderEliminar
  5. Estás que te saes, Femia, cada sábado mellor.

    Apertas

    ResponderEliminar
  6. Manuel: sei que xogho con ventaxa. O meu coche lévame onde sexa, tamén o levo á Luna, e non vexas coma ligho.

    Ghata: Son coma a ghaseosa, ghrasias. Aínda que non fales galego, valóraseche que o leas.

    Non sen...: Fun moitas veses a Exipto e a Os Ánxeles, non están a mais de sen kilómetros de Pontevedra. Se pos ti o licor café, eu estou disposta a faserche de ghía.

    PCFista: Que riquinho eres!

    Ghalisán: Eso é que me ves con bos olhos.

    Moitas ghrasias polos vosos comentarios. Estades todos convidados á próxima churrascada onlain.

    Bicos.

    ResponderEliminar