sábado, 13 de agosto de 2011

A REVOLUSIÓN SESUAL.



Por Femia Castradora

Ben é sabido que eu tiven a honra de inisiar a revolusión sesual na aldea, cando volvín de París e fixen unha fogheira cos sosténs da minha nai na leira. Os meus xa os queimara antes.

Foi unha temeridade, xa que co paso dos anos a forsa da ghavedá non perdoa.

Foron uns anos nos que a xente abría os olhos e descobría mundos novos e perversións sen límite. A ghosar! Pero tamén houbo frustrasións, coma a que tivo Visente o aghuardenteiro. Foi ver unha película dunha mosa que lhe chamaban Enma Muelhe, e quedou tan impresionado que quixo mercar un silhón de mimbre coma o que tinha a Enma Muelhe. Coma non a atopou, díxolhe ó sesteiro que lha fixera e espricoulhe coma a quería. Pero o pobre home non daba co modelo, acostumado coma etaba a faser outro tipo de cousas cos vimbios.

Acabou farto de Visente e o seu silhón e ó final fíxolhe unha banqueta para a cosinha e iba que chuta. Antes non era coma aghora, que atopas cousas que saen hoxe manhán nos chinos.

Cos métodos anticonsetivos non había problemas. Dende sempre sábese na aldea que  o melhor para non quedar ensinta é o licor café. Hai que darlhe ó individuo unha dose que vai dende unha botelha a dous, dependendo da enverghadura e o aghuante do suxeito pasivo. Non hai falho. Non se volve a ter notisias del ata polo menos o día seghinte, que o pasará caladinho na habitasión, coas contras das fiestras pechadas coma se fora un vampiro, coa cabesa petándolhe coma se tivera dentro dela dousentos cabalos entrando no curro a piques de xuntarse cos aloitadores.

Tamén houbo incomprensión cos pioneiros dos espetáculos porno. Aínda se fala hoxe de Manuel e Amalia, "os Pernadas", que todos temos alcumes na aldea. Eu son " a Coitelada" de toda a vida.

Pois o dito, ós Pernadas viron que había un oquinho no mercado local sen esplotar e desidiron ir ó campo da festa e no palco da música montar o que hoxe chamaríamos unha performans sesual. Os espetadores pasaron da incredulidade, cos olhos abertos coma pratos, á casa e captura dos protaghonistas da performans con paus. Ían liderados polo cura, que era o que mais corría logho dos Pernadas, que fixeron ghala do seu alcume e chegharon á salvasión do seu foghar nun tempo que nin Usaín Bolt na súa melhor carreira.

Faghamos un ato de contrisión e lembremos a todos os que contribuiron á revolusión sesual . Ghrasias a todos eles.

Apertas.

4 comentarios:

  1. Non sen minha Femia sensual13 de agosto de 2011, 12:00

    Un día de estos te robo, con cuchillo y todo. Tienes mucho mundo y yo solo tengo licor café. Me gusta el método anticonceptivo, pero mejor será darle con la botella en la cabeza, que no están los tiempos para desperdiciar ese oro negro. Unha aperta chuliña mía

    ResponderEliminar
  2. uy, que nadie me quite a mi femia que la liamos ;-)

    ResponderEliminar
  3. Non sen...: Tamén é unha osión o de darlhe na cabesa coa botelha, pero penso que ó despertar pode haber frisións na parelha. Estás un pouco ghevi.

    Lara: Disfruta destes dias de festas. Seghuro que nos imos crusar polas rúas.

    ResponderEliminar
  4. Linda historia Femia, Dora Castro, ahí che vai outra sobre este mensmo tema:
    Pepe Sousa, amigo e industrial da mecánica xa entrado en anos, tiña, como o seu amigo Manolo ´´O Roña´´ una ilusión que nunca puderan cumprir ningun deles. Ir a una praia nudista.
    Chegóu o día de ir a una praia nudista que había, e ainda ha de estar alí, preto da praia da Lanzada.
    Alí chegaron os dous, xente de mais de 65 anos daquela e traballadores ambos, coa cara e os brazo morenos pero o resto do corpo branco coma a leite.
    Despois de moito pensalo, qeu si ti primeiro, que non, que eu despois de tí..... desnudaronse e empezaron a pasear pola praia.
    Cando vin a Pepe, traia un ollo morado por un golpe e explicóume o que pasara.
    El iba camiñando e mirando a mulleres que tomaban o sol, de repente veu a una que lle gustóu e describeuma con luxo de detalles, tiña esto así e aquelo de este xeito e, de repente, sin tempo de reaccionar, o noivo da rapaza chimpoulle un puñetazo. Pepe no o entendía.
    Tuven que explicarllo.
    Pepiño, meu amigo, ti eres corto de vista e pra decirme o que viches, sen dúbida, tiñas que ter a nariz a centímetros do que estabas a mirar, e claro, o noivo pensou que estabas a cheirar e iso non se pode.

    ResponderEliminar