lunes, 24 de diciembre de 2012

A Lei Wert e os diaparates.


Por Manuel Pérez Lourido.

Un día destes alguén ten que pararlle os pes a mister Wert. Miren: un pode admitir ideas e crenzas de todo tipo: de bombeiro, de troglodita, de zulú ou de protésico dental, pero o que non pode permitirse un ministro de educación é perder a compostura. Perder a compostura é, por exemplo, dicir que hai que españolizar a Cataluña. En primeiro lugar porque débelle un respecto aos compañeiros do seu partido nesa comunidade autónoma, que dende entón deben andar pola vida coma Mortadelo, mimetízandose ata coas farolas. Despois porque os políticos pirómanos están xa desfasados. A provocación só leva a impopularidade, que llo pregunten a Mourinho. E, para rematar, porque este señor débese ao interés xeral do país, polo que non se traballa precisamente instigando as ansias secesionista dunha parte moi importante do mesmo.

A min, por exemplo, apetéceme dicir que a reforma educativa que auspicia este home é unha merda pinchada nun pao, pero eu podo facelo porque non son ministro de nada. Se el estivese baixo o meu ámbito xerárquico, tería que calarme, e tentar arranxar as cousas coma un político, non coma un bravucón de barrio. Eso é o que parece cando se compara cun toro bravo ante o castigo. Castigo es ti para todos nós. Non só temos que padecer a súa incompetencia, senón a súa chulería e falta de tacto e sentido común. O que están lendo non pretende ser unha análise sesuda da ley Wert, non chegarían as páxinas nin o caletre do autor. Non é máis cun xeito de desafogo de quen si pode permitirse facelo públicamente. Porén, sinalaremos unha liña do seu preámbulo, coa que xa abonda:

“La educación es el motor que promueve la competitividad de la economía y las cotas de prosperidad de un país...”

Queda clarísimo qué é que entende este señor e os seus secuaces por educación. Podemos ver agora un chisco da definición recollida na todavía vixente LOE:

“La educación es el medio más adecuado para construir su personalidad, desarrollar al máximo sus capacidades, conformar su propia identidad personal y configurar su comprensión de la realidad...”

É tan evidente que sobran os comentarios. Por suposto, mantese na escola a materia de Relixión Católica (e mantense o párrafo da Constitución no que se di que o español é un estado laico) pero ademáis aparece unha materia avaliable para os que non escollan Relixión Católica. Esperemos, dentro de tanto dislate, que os avances de tartaruga en materia de liberdade relixiosa non se veñan abaixo, é dicir, que os acordos coas comunidades xudea, islámica e protestante sexan respetados.

Pensar, a estas alturas do século vinteún, que poñer mási probas ou reválidas vai facer que cambie a sociedade ou mellore o sistema educativo é de pánfilos. Como mister Wert é calquera cousa menos eso (non che é o mesmo ser parvo ca pánfilo), hai que pensar que é o que se pretende. Cantos máis filtros se poñan, canto máis estreito sexa o embudo, máis estase a perxudicar aos nenos xa perxudicados por mor do seu contexto socio-económico e familiar.

Por todo o falado cómpre sair á rúa e sumarse a canta manifestación en contra dos disparates que se aveciñan sexa convocada; senón podemos pararlle os pes ou arranxarlle a mollera, polo menos exerceremos a liberdade de poñernos enfronte dunha lei regresiva, ao servizo duns intereses políticos máis ca das necesidades dun país e liderada por un señor tan excesivamente peculiar coma mister Wert.


 

2 comentarios:

  1. A mi lo que me parece un verdadero disparate es que en según que comunidades autónomas no puedan estudiar los niños en su lengua materna cuando esta es el castellano si así lo desean sus padres, eso sin prescindir de la asignatura correspondiente de la lengua del territorio donde están por supuesto.

    ResponderEliminar
  2. Eu vin a leer o blog de o señor Cota pero este está invadido como Sanxenxo en verán por un tal Peréz.

    Un besiño Rodrigo. Felices fiestas y eso para tu pelirrojo y tus niñas guapas. Para ti nada que estás ausente.

    ResponderEliminar