jueves, 30 de mayo de 2013

PROFUNDIDADES




Por Femia Castradora

Un pódese meter en moitos lughares: na casa, no cortelho, no coche, na cosinha, na  sapatería, no estadio de fúbol, nas túas cousas, no que non che importa… Pero sempre recomendan non meterse en profundidades.

Imos ver: qué é iso das profundidades? Hai varias correntes ideolóxicas que o esprican, aínda que non se sabe moi ben de qué vai a cousa.

Podería ser profundidades abisales. Ben, é lóxico. Se vas ás profundidades abisales poderás atopar pouca cousa, peixes raros moi feos e case sen color. Alghúns tenhen unha linterninha enriba da cabesa, que son coma as luses cortas do coche. Ven o sufisiente para non chocar contra outros peixes feos, non vaia ser que se cabreen e acaben os dous coma o rosario da aurora. Loita a morte nas profundidades, sanghre e aletas arrincadas con  dentinhos pequenos. Un asco. Non hai que meterse nas profundidades abisales.

Tamén están as profundidades do bosque. Deso sabemos todos ghrasias a Carapuchinha e Ghansel e Ghretel, dous exemplos de coma crear traumas infantís. E de paso serve para ver faser á xentinha confiada que non é bó pasear polo campo sen mirar, que dun momento a outro o que é unha postal bucólica pódese convertir nun lughar sombrío e cheo de coruxas que parese que dín o teu nome e vas morrer nese mesmo intre, ou que Fendetestas vai saír do medio da espesura e sabediós. É perighoso, mesmo pode haber homes que che ofresan caramelos, ou eso era na porta dos colexos? De todas formas, non hai que colhelos.
Hai outras profundidades nas que non te metes querendo, coma por exemplo, unha alcantarilha aberta. Diredes que iso non soe suceder, pero eu, que pasei boa parte da mina infansia lendo Mortadelo e Filemón, sei que é mais fásil do que parese. Metes a perna no burato e descoiúntaste todo, vas ó hospital e acabas coma unha momia, cheo de vendaxes e nunha cadeira de rodas. Tamén é verdá que podes demandar ó conselho e aínda sacas talhada do asunto.

En xeral, todo o que leve as palabras “profundidade” (xa analisada) ou “fondo” (meter a pata ata o fondo) é algo do que hai que fuxir, non é bó. Non vos metades en profundidades.

Apertas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario