jueves, 27 de junio de 2013

FÁGHASE A LUS… E FÍXOSE.



Por Femia Castradora.

Xa fai mais de dous meses que o conhesín. Mosetón  de mans ghrandes. Boa falta lhe fasían, estaba no campo da festa ponhendo as bombilhas de cores que ían converter  o lughar  nunha discoaghro con palco de semento.

Arresendía a churros mesturados cun caraterístico recordo a polbo, xa case era a hora da sesión vermú e eu tinha fame. Son de bó comer e bó beber. O home que me leve vai ter que ghastar milhonadas no Dia. Puxeron un perto da casa de mina tía, Maruxa “a Filloa”. Nunca ninghén lhe preghuntou polo alcume. Non hai ghuevos. É mulher de mal carater e cando se cabrea empesa a botar bichos pola boca e coma a colhan cun sacho nas mans sae no xornal.

O meu eletrisista do amor, o home que empalmaba os meus cables escaralhados polo desenghano,  o que ía ensender a lus da minha vida, polo que eu ghastaría os meus kilovatios sen importarme a fatura, chamábase Lusiano. Un nome composto moi apropiado, aínda que os pais soio pensaron na primeira parte do mesmo.  Desidín obviar a seghunda parte e chameilhe carinhosamente Lusi.

Lusi trabalhaba moi rápido para rematar o trabalho a tempo, antes de que o preghoeiro dixera a primeira palabra. Había que velo subindo pola escalera co cartel de Boas Festas do San Xerome 2013. Daba ghloria, paresía un foghete.

Unha ves houbo posto tódalas luses, levoume de paseo pola festa. Coma xa era tempo de comer, fomos  á cantina e xantamos un cosido de campeonato. Bufé libre. Saíanme os chourisos polas ourelhas.  Melindres molhados en licor café coma sobremesa, para baixar a comida. Eu, acostumada coma estou a beber o licor café da mina amiga Tareixa, ise sóubome un pouco aghuado e chuchurrío.

Eu vía que Lusi ía incrementando o seu desexo pola mina persona, cousa natural, por outra parte, xa que eu, de seu esótica e misteriosa, os días de verbena ponhía toda a carne no asador en canto ó luc se trataba. Rompía coa pana, literalmente, logho de encher o bandulho co cosido e coa saia paresía unha bailarina de tangho, coa raxa ata a inghle.

Víaseme o reforso das medias color carne e iso paresía ter un imán especial cos homes do lughar, que non viran nada ighual dende que Sara Montiel fixera o Último Cuplé, ata ese momento icono sesual dos lugharenhos.

Antes de que os da orquestra empesaran outra ves pola noite, para faser tempo, fomos ás tómbolas e soio ghanhamos un peluche chaveiro, que non quixen. Eu prefería o xamón e a barra de pan, menudas merendas ía ter con iso. Xoghamos aos camelhos e bebimos tinto Barrantes.

Desidimos ir a unha atrasión mais pelighrosa e subimos ás cadenas, que vendo ó personal que a montou eso era mais arriesghado que faserlhe a será nos sobacos á mina tía Maruxa. A viaxe, que prometía plásida e ghososa da paisaxe bucólica que rodeaba a festa, voltouse unha esaltasión do sentrifughado mais estremo. Eu notaba coma dentro do meu estómagho estaban a pelexar o lacón cos melindres e o licor café co Barrantes. Era coma se todo iso ó mesturarsee  fixera que o volumen se multiplicara por des, notando coma a presión de todo iso ía subindo pola mina ghorxa. Ata que pensei: “Femia, iso non vai haber dios que o pare. Fora con  todo”. E así foi. Ghomitei o que non había. Polo menos estiven botando todo durante quinse voltas, mentras notaba coma a xente preocupábase por min e empesaba a ghritar. Ghritaban os de abaixo e os que ían tras mín nas cadeas. Meus reises, canta humanidade, qué berros! Nunca vou olvidar esa inquietude pola minha persoa.

Logho diso, quedei  coma unha rosa e puiden bailar con Lusi os ésitos de onte e hoxe, aos que eu son tan dada. Aínda estou a tempo de recondusir a minha vida e faserme ghoghó.
Lusi díxome que se estaba cansa, el tinha a furghoneta  detrás do palco e podía ir durmir nun colchón que tinha para ises casos. A verdá que lho agradesín porque eu nas festas douno todo e tinha os pes que non os aghuantaba.

Ai, lambón! Eu non vira as súas intensións libidinosas, pero xa dentro da furgoneta dinme conta e coma eu son unha mulher liberada e sen prexuisos, desidín que alí ían saltar chispas.
Á manhá seghinte había un home mais alixeirado por min.

Apertas.


3 comentarios:

  1. Boísima a escea nas cadeas repartindo... comida.

    ResponderEliminar
  2. Hola, disculpa por escribir asi en tu blog, no es mi entencion hacer spam puede eliminalrlo si lo deceas, solo quiero saber si te interesa promocionar tu blog.
    http://enresumentublog.blogspot.com/p/como-promocionar-tu-blog.html

    ResponderEliminar
  3. Ay Femia, Femia, non tes remedio, ¡que locuela eres!

    ResponderEliminar