jueves, 6 de junio de 2013

ONDE FOI MOURINHO?




Por Femia Castradora

Conhesín a Mou nunha viaxe das que fagho polo Minho. Quen quere un cruseiro ó Caribe tendo o río ó lado mesmo? Eu ghosto disso. Ademais, aproveito e vou á feira e merco patacas, laranxas ou mesmo peixe. Hai de todo. Ás veces aproveito e renovo o meu armario. Chándals Apidas, blusóns Carabina Herrera, ou sapatos Panolos. Ghlamur a esghalha. Sei que non debo ser tan chulita, pero podendo…

Un día estaba eu nun posto probando un nique Laboste cun cocodrilo ghrandísmo, cada ves os fan mais ghrandes. Os desenhadores están tolos, qué queren conseghir con iso? Que che faghas unha foto e cando a subas a feisbu os teus amighos pensen que estás no Nilo a piques de ser devorado por un bicho de cabesa tan ghrande como o teu peito? Sonche uns conheiros de caralho!

Pois iso, eu estaba probando o nique dunha cor vermelha, cando oín unha vos que disía ás minhas costas:

- Minha mãe, qué coisa preparada! Estou apanhado desa belesa loira, mossa ghalante!

“Eeeiii- pensei para o meu interior- quén é ese poeta, estou abraiada, xa pode ser ghuapo!”

Pero coma eu non son mulher fásil díxenlhe xirándome:

- Que pasa, apalominado? Queres que che parta os dentes eiquí mesmo, na butí Laboste?

Creo que o impresionei e paresinlhe moita mulher, porque cando oíu as minhas palabras deuse a volta e comensou a correr coma alma que leva o demo.

Tiven que faserlhe un placaxe dino dun xoghador de rubi para poder conheselo ben. Eu sempre recomendo que os homes sexan botados para adiante e este paresía un pouco tímido, mais ben escurridiso.

-Non escapes, home. Seica nunca viches cousa ighual?

E  díxome, nunca o olvidarei, a cousa mais bonita que ninghuén me dixera:

- Quero ser o pai das túas crianzas -e eu pensei: “Este pensa que son de boa familia, vai levar un chasco”. Aínda así, desidín levar a término a nosa insipiente relasión. Leveino á mina casa e abrinlhe o corasón (o meu).

Mou era un ghran cosinheiro e fasíame o bacalhau de mil maneiras distintas, pero o que a mín mais me ghustaba eran as bolinhas de bacalhau, tan lixeiras coma nubes e o bacalhau ghrelhado. O único pero que lhe ponhía era que non desalaba moi ben o peixe e eu sempre estaba polos currunchos morréndome de sede, e de tanto que bebía cheghei a temer polos meus riles que non daban feito con tanta augha. Paseino mal, mesmo durmía cos drainais por se acaso había unha fugha noturna.

Polo demais todo era marabilhoso, estabamos dighamos que unha cousa así como namoriscados. Eu lavábalhe o seu pelo canoso no medio da leira, a carón do poso e el acheghábame unha toalha boísima. Cando lhe empesaba a secar, mesmo paresíame oir coma chuchaba a humidade, unha pasada. Nunca vira cousa ighual.

Xosé era un pouco espesial. Non lhe ghustaba nada que eu falara con Tito, un vesinho que mercara unha casa na aldea. O home cheghara de Barselona e aínda estaba medio perdido e eu estaba tempo con el para axudalo. Tanta rabia lhe colheu Mou ó home que un día meteulhe un dedo no olho. Foi moi soado na comarca, mesmo salíu no xornal do colexio. Dende ese día desidiu que non ía falar mais con Anxinho, o encarghado de faser o xornal. “Que lhe den, non pensó desirlhe nada mais”.

A vida seghía plásidamente, ata un día que cheghei á casa e non o topei. Unha nota na mesa da cosinha disía:

“Femia,  o dever obriga-me. Eu tenho que ir para  Chelsea. A fábrica de toalhas da familia está ameaçada pelo avanço da microfibra. Nunca vou esquecer a você”.

Boto de menos o seu bacalhau. Aghora vou comer os sábados a Sé María, na Fortalesa.


Apertas.


3 comentarios:

  1. A frase "Leveino á mina casa e abrinlhe o corasón (o meu)” leva o selo familiar, jejejé.

    ResponderEliminar
  2. Ghalega andariega6 de junio de 2013, 22:35

    Eu xa non recordo iso de estar namorada, Femia. Non teño bolboretas a meu caron nin ao bazo. Unhas polillas de isas a lús ao mellor y que poida ser sempre con bacalhau a portughesa e con ise de beizos caprichosos (o Mou).

    Pensaría namorarme si non fuxeria tan lexos de nós, ¡Ay! ¿ non tendrás culpa? Que ben sei o tola que eres.

    ResponderEliminar
  3. Femia Castradora7 de junio de 2013, 9:33

    Manuel, levas rasón. Todas as minhas antesesoras levaban coitelo, para non perder oportunidade. Hai que ser precavidos.

    Penso que as bolboretas están moi sobrevaloradas, Ghalegha. Son unha lata, senón para qué crés que esiste a biodramina? Melhor ter o estómagho asentado e licor café. De todas formas, se pensas que pode axudarte, saco a Vinghador e arreghlo o asunto.

    Bicos.

    ResponderEliminar