jueves, 22 de agosto de 2013

O HOME BOMBILHA. PODERÍA.





Por Femia Castradora

Vós diredes: ten moita lus. E podería ser verdade, o que pasa é que o home bombilha ten unha cabesa coma un mundo, en volumen, imos a ser craros: non irradia craridade.

Houbo un rapás en Pontevedra que lhe chamaban o da pila. A verdade é que mais ben poderíase chamar o da bombilha. Nunca entendín ese alcume que lhe puxeron, pero a verdade é que tampouco entendín nunca moi ben ós de Pontevedra. Sonche moi particulares e pódese disir que hoxe non vou a analisalos, non soio porque íame meter nun lío, senón porque non me dá a ghana.

Hoxe lighei cun chaval que, poderíase disir, salvando as distansias , non vaiamos a equivocarnos, que podería ser o meu filho. Unha ten unha presensia mais alá do que poderíamos disir que é normal. Pois non. Non é normal. Poderíase disir que a xenética xogha un papel fundamental niso. Eu penso que non.

Podo aseghurar que o alcól é moi malo. A xente vai polo mundo bebendo cantidades inxentes de líquido que o seu corpo non é capás de prosesar. Bebes e bebes e volves a beber… Os homes no rio por ver a Femia nascer.

Aaaver, eu xa nasín e ninguén paghou entrada para velo, que eu saiba. Podería ser, pero de aquelas non se levaba. Coma que non era de bó ghusto ponher unha cámara de video no paritorio e ghardar o momento , non somentes na retina do asombrado pai, senón no estante de momentos felises da túa vida. Si, home, si… unha felisidade que non vaiades a pensar . Unha marabilha o parto sen epidural.

Poderíase dar o caso de que eu estivese nos sonhos de alghún paspán. Coma o Fredicrugher . Nos teus peores pesadelos. Poderíase dar a cousa de que eu vinhera pouco a pouco cara a ti. Cando te das de conta, ves que na minha man hai un coitelo. Vai ser que podería ser Vinghador, lansando destelhos así coma un coitelo ghuai, ben afiado. Isto nos videoclís dos noventa bordábano. Xa sabías que en canto vías un cóitelo brilhar, algho malo ía pasar.

Ves vir cara a ti unha mulher cun coitelo. Que vai pasar? A saber… podería ser que vinhera e te dixera: A ver, home, Cantos chourisos crés que lhe podo poner ó cosido? Rapidinho, que tenho que ir colhelos ao faiado e vai frío!

Ou poderia ser que se asercara con cara de asasina en serie e che dixera: Cheghou a túa hora, malandrín, vas saber cóma as ghasta Femia. Acabouse o bó!

Os homes bombilha van dominar o mundo. Podería ser. A saber. Non faghades caso.



Apertas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario