jueves, 5 de septiembre de 2013

Nós, de sobrados, nada



Carmen Dasilva é de Mourente, a maior de seis irmáns fillos dun traballador portugués e unha costureira: «Mira ti se crecín sabendo o que era a desigualdade. Nacín en tempos de Franco e crieime naquela Pontevedra de Rivas Fontán, unha cidade asfixiante, gris, aburrida, triste e clasista onde unha persoa de orixe humilde era mirada con moi malos ollos». Tivo a fortuna, di, de coincidir no Valle-Inclán cos inicios da Aula Castelao, un oasis de pensamento libre que axudou a abrir os ollos a toda unha xeración de estudantes. Marchou a Compostela prometendo que non volvería, pero volveu, pola súa familia, porque era de aquí e porque ofrecéuselle a posibilidade de participar no proxecto que habería de cambiar aquela Pontevedra. «E fixémolo. Esta cidade non ten nada que ver con aquela. Hoxe aquí collemos todos, e hai moitas cidades en moitos sitios que queren copiar o noso modelo porque somos o exemplo a seguir. Hoxe calquera veciño presume da nosa cidade. Antes non».

Quedáramos para falar das festas da Peregrina e da Feira Franca, que se celebrará o vindeiro fin de semana. «O balance das festas fíxoo a prensa en primeiro lugar. Tódolos medios coincidiron en que foron un éxito rotundo». Lémbrolle que tamén fixo balance o PP.Dasilva di que non entendeu as críticas. «Non teñen sentidiño. Dixeron que Pontevedra encheuse de xente, pero que iso sempre sucede nas festas e non era mérito noso. Se che parece será mérito deles, que levaban as festas ao Recinto Ferial e a cidade quedaba deserta. Claro, eles tiñan as súas festas privadas e os seus concertos de pago. Molestáballes o pobo desfrutando no centro e decidiron quitalo de en medio. Pensaban que a cidade era súa, e en certo modo tiñan razón. Texto completo en Diario de Pontevedra. Nós, de sobrados, nada.


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario