Es sabido que el Yosi de los últimos tiempos está en forma. Fans y críticos dicen que Los Suaves hacen ahora el mejor directo de su carrera. Él lo explica más o menos así: “Decidí renacer hace unos años. Me estaba poniendo a prueba y estaba poniendo a prueba la paciencia del público. El público lo soportaba y eso lo agradezco de corazón. Siempre estuvo conmigo y no abandonó jamás. El que no lo soportaba era yo”.
Yosi ha conseguido crearse un universo propio, aislado en medio de un bosque animado a las afueras de Ourense. Allí vive y trabaja recluido como un cisterciense, rodeado de guitarras, miles de libros, carpetas llenas de proyectos en marcha y un montón de armónicas: “Al principio tiraba las armónicas al público. Me lo prohibieron porque eran armónicas buenas. Me decían que cada vez que regalaba una perdíamos trescientos euros o más. No me van las prohibiciones, o sea que ahora cuando quiero tirar un instrumento al público, tiro una guitarra eléctrica y ya está”.
Uno quería encontrar a Yosi en plan Noé, construyendo un arca en su finca, pero lo que ha hecho allí últimamente es restaurar un hórreo. Las piedras estaban tiradas y desperdigadas como piezas de un puzle desarmado, así que las fue recogiendo y devolviéndolas a su sitio. Faltaban muchas y consiguió rehacer apenas la mitad del esqueleto. Le quedó como un hórreo que llevara dos siglos a medio hacer. “Lo voy a dejar, me gusta así. Las piedras que no están aquí, se fueron. Éste ya no es su lugar”. (...) sigue leyendo. Cien poemas, cien canciones. Diario de Pontevedra
Cando
Ramones se xuntaron en Queens, aínda nin sequera morrera Franco.
Puxéronse todos o alcume “Ramone” inspirados por un que usara
Paul McCartney. Para ir de punks pola vida, non está mal a
referencia.
Estética
marcada (perrera, vaqueiros, deportivas, chupa de coiro negra),
letras simples, música aínda máis simple. Os Ramones foron un
“back to the basics” onde outros tentaban floreos. Tiñan claro
que querían chegar a canta máis xente mellor. O dono deste blog di
querer escribir dun xeito que o entenda o máis simple dos seus
lectores e cita precisamente aos Ramones na súa escolla polo directo
e o sinxelo. Eu sempre admirei a Pink Floyd e a maioría das veces o
que fago aseméllase máis á Orquesta Topolino.
Cunha posta en
escena entre a troula e a proximidade dunha falcatruada calquera,
Ramones fóronse construíndo unha reputación que despois
transformouse en lenda. Algo así como, ao noso xeito, teñen feito
xente como Los Suaves. O seu traballo levou 22 anos de xira case
permanente e 2263 concertos. No ano 1996, despois de tocar no mítico
festival de Lollapalooza, deixárono. Só 8 anos despois 3 dos catro
membro fundadores xa morreran (Joey, Johnny e Dee Dee).
Os Ramones soan
tanto a festa coma a denuncia (algún tipo de festa, algún xeito de
denuncia) pero en realidade só querían pasalo ben, e que o seu
público tamén gozara. O seu mítico berro de comezo da festa: “Hey,
ho, let's go” , co que abre Blitzkrieg Bop, daba sempre paso a unha
descarga de adrenalina que a xente dou en chamar punk.
O
logo dos Ramones, a portada do London calling dos Clash, o
Never Mind the Bollocks dos Pistols... a verdade é que os
grupos que puxeron en órbita o punk reveláronse, paradoxalmente,
coma os mellores xeradores de produtos de marca da súa época. Así
foi a historia da súa asimilación polo mercado, eses foron os
arroutos do sistema contra o que disparaban, despois de tragalos.
En
Xullo virá a tocar a Vigo Marky Ramone, batería que substituíra a
Tommy Ramone (o único vivo) tralo terceiro disco. Marky luce melena
escura de orixe seguramente cosmético e pode gabarse de non ser
tiquismiquis coma músico: tocou tanto cun freak coma Richard Hell
coma cos Backstreet Boys.
Quero
falar dos Ramones, ese grupo de defuntos amplamente anunciado polas
féminas que devecen polo cool con esas escuras camisetas que locen
un logo maxistral, obra de Arturo Vega, un colega que lle levou o
merchandising (e que faleceu hai uns días).
Quero
confesar que eu tamén digo hey ho let's go cando vou
perpetrar unha falcatruada.
Son
o típico grupo que é máis grande cando falta. Infravalorados no
seu tempo, coma a Velvet, gañaban máis coa venda de camisetas
que coa de discos. Coma a Velvet, a súa relevancia e influencia
superou con moito as cifras que xeraban.
Os
Ramones non facían cancións, senón tralladas sónicas e
epilépticas para ser escoitados un detrás do outro sen reparar
demasiado na letra.
Había algo puro,
irredutible, naquela simplicidade, naquel nihilismo, nesa forma de
cuspir as frases e machacalas co baixo e coselas a guitarreos mentres
o bombo mazaba os teus miolos coma se os foses a precisar para algo
máis que darlle ao corpo a orde de brincar sen parar.
Menos
concienciados e mesiánicos ca os Clash, máis centrados cos Pistols,
os Ramones traballaron arreo para poñer en pe un grupo de rock que
era máis importante que as súas rifas persoais: cando Johnny lle
quitou a moza a Joey, este non a emprendeu a golpes co guitarra
(simpatizante do partido republicano) senón que escribiu “O KKK
rouboume a moza” que apareceu en “Pleasant Dreams” do '81.
O 11 de Xullo, na
Estación Marítima de Vigo, Marky Ramone tentará revivir algo de
todo isto. Os que veñan con el pouco máis serán ca unha banda de
tributo, pero para renderlle tributo aos Ramones é que iremos aló.