sábado, 7 de mayo de 2011

DE GHUOL




Por Femia Castradora

Coma xa sabedes, eu pasei uns anos en Alemanha. Primeiro na minha etapa de vivensias ghipis, onde atopeime moi a ghusto na comuna onde fun.  Etapa salvaxe e moi recomendable. Fasíamos roupa que logho tinxíamos e quedaba moi ghuapa. De feito, sempre me pareseu moi curioso coma a xente fai adatasións das súas vivensias. Ou se non, xa me diredes coma raios pode alghén inventar o tinxido conséntrico. Iso é porque tinhan o serebro ighual. E logho, coma non tinhamos televisión, o que fasíamos era olhar para as camisolas e así quedábamos horas coma hinotisados. Dese xeito foi coma descubrín o meu problema de presbisia, a tumbos, logho de estar vendo eses sirculinhos visiosos.

Volvín outras veses, xa coma sivil e coma xa non estaba na comuna, puiden ver cousas da súa cultura. Veredes: son xente á que lhe ghusta comer salchichas, moitas salchichas. Hainas pequenas, ghrandes e moito mais ghrandes. É un espetáculo. Cada quen pode axustar os seus ghustos á salchicha que mais lhe convenha  e logho hai quen as come con pan, outros con chucrú e outros tal coma a mercan, sen botarlhe nen maionesa nen nada.

Mesmo ós cans dábanlhe salchichas, que eu o sei porque dende sempre fun seghidora de Rex, o can polisía, que aínda que era unha serie austríaca, o can é un pastor alemán e non lhe cambiaban as súas costumes. Rex sempre estaba a pedir bocadinhos de salchicha e ás veses colhíallos sen desir nada, cunha picardía que fasía desapareser calquer posible enfado dos polisías. O que non entendo é coma se as salchichas son alarghadas, o pan era redondo e non saía a cabesa da salchicha por fora.

Son moi seghidores tamén da manteigha, que lha botan a todo, sen moderasión, coma se fora o último día que foran a pasar neste mundo. Acabei con tanta salchicha , manteigha e demais coma un sépelin terrestre que, xa que estamos, foi invensión dun alemán.

Aghobiada polos michelins, desidín adicar a minha vida ó fútin, disiplina moi recomendable para a xente que quere botar da súa vida tosinas e ghraxa e ó mesmo tempo botar un cú duro coma unha pedra.

Eu dábalhe todos os días ó exersisio e alí conhesín a Ghenrich,ó que logho chamaría Gheini, coma a baronesa Tisen ó barón. Fixemos das nosas vidas un aleghato da vida sana, aínda que eu, morrinhenta do licor café, bebía ghran cantidá de cervexa, que alá a fan bastante ben.

A mín ghústame a vida sana, faser deporte e todo iso, pero tamén produsir, coma sabedes. Botaba de menos o exersisio na leira, ghaveando ou botando as patacas. Ahí si que se suda a moreas, fas deporte e cando colhes a cama non hai quen a despertarche. Por iso, a mín iso de correr non me convensía moito e Gheini cada ves quería faser mais quilómetros, sen saber que lexos de impresionarme a fasanha, xa me estaba a encher os narises.

Xa estaba eu dándolhe voltas a levar a Vinghador a faser fútin e que conhesera a Gheini, cando un día sorprendéume disindo que convidábame a sear polo meu cumpreanos, que é o 9 de novembro, e logho a un conserto. Xa pensaba eu que ese home non sabía qué era o romantisismo, que baixo ese corpo soio había un cronómetro par ver canto se tardaba en ir dun lughar a outro sen que che dera un tirón na perna.

Seamos codilho, salchichas e logho unha empanadinha de mazá que lhe chaman apfel sftrudel ou algho así. Estaba todo moi bó, pero non era o melhor para unha mosa coma eu, que levaba uns meses correndo coma unha tola e comendo coma un paxaro.

Saín da taberna algho mareada e perxudicada pola cervexa, tamén hai que desilo. Botamos a andar cara ó lughar do conserto. Xa notaba o estómagho coma unha lavadora fasendo o sentrifughado e eso pintaba mal.

Cando cheghamos, soio tínhamos sitio para velo de pe e eu quería sentar. O parvo de Gheini non sabía que cando me amolan non é boa cousa. E o conserto non axudou a melhorar as cousas, non se lhe ocurreu cousa melhor que levarme a escoitar a Nina Hagen e por ahí si que non, estaba eu coma para aghuantar a esa mulher berrar. Foi o cumpreanos que pior o pasei. Aghora sí, cando rematou, meu cabreo era de ghrado des na escala  richer.

Fomos a dar unha volta antes de ir para á casa, para que o tipo se despexara, seghún él. Desidín despexalo de todo e saquei a vinghador do saco, que resplandeseu na noite. Gheini cando viu o coitelo, botou a correr ó esprín. Eu seghinlhe coma se de unha carreira de fondo se tratara, paseninho, pero sen perder os folghos, xa nos atoparíamos, non tenhas medo.

Eu o vía dende lexos e cheghou ó muro que fixeran no sesenta e un. Ó verse acorralado, colheu un pico que había nunhas obras que estaban a faser e comensou a faser un burato para poder crusalo e fuxir de min. A xente que o estaba a ver, comensou a berrar e tamén puxéronse a botar o muro abaixo. Foi unha noite emosionante. Ghrasias a unha sea indixesta e a un conserto Alemanha íase a unir coma antes! Eu tamén pasei o muro e partisipei de festa, logho de rematar o de Gheini.

Apertas.

4 comentarios:

  1. Femiiaaa!!!!!!
    la lluvia me estropea el botelooooonn!!!1
    muy buena tu historia de esta semana XDDDDD

    ResponderEliminar
  2. Yo estaba presente cuando se derribó el muro de Berlín, y doy fe de que fue exactamente como lo cuenta Femia.

    ResponderEliminar
  3. Parabens Femia pola tua dilatada traxectoria en defensa das liberdades

    ResponderEliminar
  4. Femia non sabía eu iso do muro de Alemania, logo o Beato Juan Pablo II non tivo nada que ver?.
    Beata Femia, teréi que rezar ante a túa imaxe co vingador na mán, como Santiago Matamouros?

    ResponderEliminar