Por Manuel Pérez Lourido
“Fun
ao furancho do meu compadre/fun polo vento e vin polo aire” así,
máis ou menos, cantaban Fuxan os beatles e A Roda naqueles anos nos que aínda cantabamos cousas destas e non “waka, waka, hey, hey”.
Moito
mudaron as cousas. Pasamos dos furanchos e do viño de pasa ao show
cooking. Bueno, do viño de pasa pasamos amplamente xa hai anos, que
non hai onde atopalo.
En
Galicia fomos dos reinos de taifas furanchiles á pitanza de luxo nun
tempo record. Non hai moito podíase atopar un par de furanchos en
cada lugar. Nalgúns dábanche carta e todo, que o vin eu. Alí tiñan
viño para dous anos: seica tiñan vides desas de produción
intensiva. En fin, aquilo foi unha romaría de despropósitos que nos
tiña encantados, todo hai que dicilo, porque por catro pesos comías
e bebías coma un rei. Cando os hostaleiros puxeron o grito no pazo
de Raxoi, porque o ceo estaba anubrado, a ninguén se nos ocorreu
rechistar: tiñan máis razón ca un santo (santo Xob). Á Xunta
levoulle tempo e semella que se lle foi a man. Hoxe non hai onde
atopar un furancho aberto: todos acaban de pechar ou quedan no quinto
pemento de onde estás cando queres probar un viño nun deles. As
restricións impostas foron tan grandes que a moitos non lles pagaba
a pena nin poñer as billas nos pipotes. Ducias e ducias de galegos
furancheiros quedamos amolados e sen un guía de furanchos de garda
que botarnos aos ollos. E non se pode atravesar estes tempos de
temporal sen unha cunca e un pouco de chourizo do país, ou un
albariño da casa e un anaco de empanada.
Pola
contra, reprodúcense exponencialmente os garitos que ofrecen tostas
con queixo de tetilla fritida (dende cando se fritiu o queixo de
tetilla?), as tostas de atún con tomate fritido, e outras
exquisiteces.
Eu non
teño nada contra a nova cociña, contra o arte da cociña ou contra
os artista, os cociñeiros que queiran desenvolver o seu saber en
vivo e en directo. Aquí haiche sitio para todos. Pero tampouco sei
ata que punto isto non é unha moda máis que desaparecerá en canto
torne o vento. O que si sei é un viño da casa nun entorno da casa,
sen cousas art-decó nin chispas negras, e unha boa tapa de callos...
en fin, que non vai pasar de moda nunca, e se o fai pobre de nós.
Haberlos haylos. Hai que a topar con eles y ter unha reda de amigos de amigos con curmáns de amigos e con contrasinal
ResponderEliminar