jueves, 7 de agosto de 2014
A POR UN DO PEPÉ, AINDA QUE SEXA.
Por Femia Castradora
Xastou de volta, literal e fighuradamente, as veses penso que xa todo dame ighual.
Onse da noite na minha casa da aldea. Escoito ruido da banda da vesinha, esta Pitty V. Cando cheghan as Pirulinas bota a casa pola fiestra e fai partis, como di ela. Eu ainda que non estou invitada vou e ás veses levo alghunha ghalinha para que mentras eu doulhe ao vinho ela pique no ghramón do xardín.
Os amigos da Piti sonche moi aquelados, elas moi fininhas e eles sempre falando do seu iate, e cheiran a colonia. Cando fixo a primeira festa de inaughurasión levei un susto dos grandes porque eu escoitaba serpes, serpes asubiadoras. Eu disía que non podía ser tanta bicha solta e fun cara á casa da Piti a mirar que pasaba alí. Dinme de conta de que quenes silbaban eran os amigos de Piti, que falaban raro e as eses fasíanas coma se foran de Rianxo con asento de Madrí.
Festa rachada Piti estail: croquetinhas de marisco, canapés e caqueis. Eu prefiro as festas da Ramona, que pon cosido e biscoito molhado en licor café, vaia desfase de festa, acabamos todos a rolos fasendo lasos de amistá dos que non se poden esqueser. Moitos dos da aldea son froito desa esaltasión do companheirismo, vaia casamenteiro está feito o licor café da Ramona!
Eu, cando salto o muro que separa a minha casa da de Piti sempre levo un bocadinho de xamón de Coren e se ten moita ghrasa melhor. Tínhades que ver a cara que ponhen os seus invitados, cómenmo cos olhos. Hai que comprendelos porque sempre comen cousas pequenas, non usan os seus dentes para morder.
A falta de licor café bebo vinho e logho llintonis con bolinhas moradas. Esta xente está para enserrala, eu non lle boto nada ao licor café e nin falta que fai. Hai que reconheser que tamén se che suben á cabesa os llintonis. Eu notaba que a cabesa non estaba quieta e entrábanme ghanas de bailar por Bertín Osborne, que esta Piti é un pouco ransia e bastante aforradora, a saber os anos que fai que non merca música. Xustifícase disindo que “de Bertín aprovéitase todo, coma os porcos, e mesmo dá ghloria oílo en Intereconomía. Ghrasias a Dios que aínda quedan homes”. E hala, todos a bailar coma se estiveran posuídos, eles movendo o flequilho coma se foran Rafaela Carrá (festa, que fantástica, fantástica, esta festa, brruuum) e elas cos tacos cravados no ghramón bailando coma rastafaris fumados.
Eu, vendo iso coma se fora una sosiólogha da terra, comprendendo que os homes presisan da axuda do alcól para que os seus istintos saian á lus. Así estaba eu cando vin cheghar cara a min a un deles cuns pantalóns amarelos e camisa asul cun xersei posto nos ombros.
Propúxome tomar a última no llacusi da Piti, pero eu recordei que botei alí aos patos para que estiveran afeitos ás burbulhas, que nunca é pouco para os meus animais. Díxenlle que melhor íamos tras o palheiro, que aínda acabara de apanhar a herba o día antes e estaba máis branda. Aproveitei e pasei pola casa para colher una botelha de licor café, que eu sen el non son castradora nin nada, e a Vinghador, que xa fasía tempo que non o usaba e estaba a colher ferruxe.
Así fun ata o palheiro, onde me esperaba o do xersei. Noite de paixon pepera, hai que probar de todo, non ía faser ascos a novas esperiensias. Dinme de conta de que ía nesesitar o licor café coma o ar que respiramos. O tipo comensou a falar de que isto vai ben, do empregho e dos recortes. Eu pensei que ese home era parvo e que ía ver as marabilhas dos recortes na súa pel. Minha man percorreu o seu peito e foi baixando ate o seu embigho, desabotoneilhe a camisa e vin o burato subir e baixar cada ves máis apresa. Achegheime ata a pitrina e baixeilha pouco a pouco. Alí estaban.
Vinghador brilhou baixo a lus da lúa.
Etiquetas:
Femia Castradora,
Humor,
Pitty V.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario