Mostrando entradas con la etiqueta Por Femia Castradora. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Por Femia Castradora. Mostrar todas las entradas

jueves, 4 de abril de 2013

DE PAISAJES Y AMISTADES


Por Femia Castradora e Pitty V.

Era una aldea perdida en el monte. Por sus caminos estrechos pasaban alternándose sin prisa coches, carros y animales. En medio de la vegetación se veía un puente pequeño bajo el que pasaba un riachuelo, ahora crecido por las recientes lluvias.

Al fondo, dos casas luchaban por hacerse ver entre del verdor. Una era una construcción moderna y  sus grandes ventanales dejaban ver una decoración de estilo minimalista. Completaba el conjunto una piscina rodeada de unas tumbonas chill out, sobre una de las cuales descansaba una oveja.

La otra casa era una casa de planta baja y piedra, con un galpón de bloque y un gallinero con una puerta que en su día fue un somier.

Unos gritos sobresaltaron la tranquilidad del paraje:

- Píííííti, oes, Piti!!
- Dime, Femia, ¿qué se te ofrece?- dice pensando en que no debería haber construido allí la casa.
- Nada, mulher. Soio che quería informare de que Pastora está deitada nunha cama desas tan chulas que tes ó  borde da pisina. Mais que nada para que non penses que somos unas ghorronas e que imos avasalhando por aí as da minha casa.
- ¡Ah, tienes alguna sobrinita en casa? ¡Qué monada! Pero no olvides decirle que no ponga sus zapatitos encima de la cama, que acaban de tapizarlas y no sabes el tiempo que tardaron en hacérmelas, porque la tela vino de Florencia.
- Vale, mulher. Non tenhas medo, que pastora non leva sapatos. O que sí non che podo aseghurar é que non che devolva enriba dela, á pobre non lhe sentou ben a herba.
-¿Qué dices? ¿Le das hierba a la niña? Tú estás loca.
- A ver… non é unha nena.
- ¿Entonces? ¿Es una amiga tuya porrera?
- Non, é unha ouvelha. É que as camas esas non vexas coma lhe ghustan ós meus animais, Marelinha tamén as probou todas, foi saltando de unha a outra, paresía que estaba nas olimpiadas, nos sen metros valhas.
- ¡Qué horror! Por favor, saca ahora mismo de mi casa a tus animales. O me veré obligada a llamar a la Guardia Civil.
-Pois se vas chamalos, dilhe a Roghelio que venha, que non tenha medo, que unha ves que se proba a Vinghador xa non hai nada que temer. Non sabería qué mais cortar. Roghelio é o teniente, preghunta por el. Dilhe que vas da minha parte.
- Por Dior, retira esas bestias que me va a dar un síncope. Mañana celebro el cumple de mi hijo y va a estar todo lleno de marcas de animales. No quiero que nada enturbie tan maravilloso día.
- A ver: quén lhe pon portas á naturesa? Eu, non, polo menos. Sácaa ti, se queres. Pero coidado, porque Pastora ten mal xenio e vólvese tola se a empurran. É coma ti, unha senhorita e non hai quen de sacala cando non quere, pensa que é unha condesa e ponse a morder a todo o que se lhe aserca.
- ¡Por favor, Femia, que estoy empezando a hiperventilar!
-Non te estreses, Piti! Ven xunto ó muro. Vouche dar un licor café que me deu Tareixa. Xa verás qué ben che vai! Mira, de paso vouche invitar á festa que vou faser esta noite e xa vas entonada. Non vexas as festas que fagho eu eiquí! Ven unha morea de xente e non acabamos ata o dia seghinte, todos tirados polo chan, e coma se fora isto Sodoma e Ghomorra. Ti poderías falar con Marsial o  Fogheteiro, que ten unha conversación moi fina, logho de ir anos e anos polas romerías, falando cos das comisións de festas.  Sempre lhe desimos: Marsial, estás feito un senhorito, non hai quen che cale! ...

Los gritos se fueron convirtiendo en murmullos y luego en sorbetones apurados. Las dos mujeres formaban una estampa idílica de exaltación de la amistad, que sólo se rompió cuando llegó el marido de Pitty con el niño y la suegra, que no paraba de persignarse.

Apertas.

jueves, 14 de febrero de 2013

O INAUDITO SECUESTRO DE FEMIA




Por Femia Castradora


A outra semana fun á vila para mercare uns pitos na aghrícola e de paso tomar uns ghrolinhos de licor café nunha taberna da que son parroquiana dende fai tempo. Ía eu pola rúa e dende un escaparate  un hominho sentado na portada dun libro chamou a mina atensión: olhei para el e dinme de conta que era un debuxo de alghén que se me fasia familiar, que non da familia, imos  deixalo claro.

Cando mirei, vin que era o último libro do xefe. Estiven a piques de chamalo para que mo reghalase, pero coma son xenerosa coma ninghén, merqueino.

De volta á casa, logho de botar os pitos no curral, dispúxenme a ler o libro con fruisión.  Vouno contar un poco, por se hai alghén que non o liu, que pode ser.

Dende a primeira páxina dinme de conta que había unha serta similitude cun capítulo escuro da minha vida, algo que tamén vos vou contar de paso.

No libro hai un rapás un poco aparvado chamado Tito Noghales. O rapás estaba coma unha cuba e secuestrou a Raghoi, aínda que non fai falha estar bébedo para ter ghanas de secuestrar ó tipo.

Levouno para a casa, déulhe de comer bocadilhos de chouriso, mortadela e outros fiambres. Un surtido bó de inghredientes, pero faltoulhe a nosilha, que o pan con nosilha fai ben de postre e enche o bandulho deixando unha sensación de pesadés e náuseas.

Resulta que o pai de Tito era un polisía e enseghida veu que aquelo era algho raro e non sei por que enseghida relasionou o tema co seu filho, cousa que logho sería verdade, para disghusto da nai, que coma boa nai, despleghou os seus  poderes maternais e púxose a cavilar como podía faser para que o seu filho non acabara no cársere da Lama. Dixo: “pois nada, vendémoslhe o secuestrado a uns secuestradores profesionais e de paso sacamos uns cartos que boa falta fan”.

Namentras Tito fixo unha xoghada e remata o libro. Non vos vou contar coma remata, non vou faser eso, non vaia ser que Rodrigho me escaralhe.

O libro ghustar, ghustoume, pero xa vos dixen que me recordou cando eu ía á festa da Estrada e  nun recuncho do camino saíume Xosé Antón o Piruleiro, rapás namorado de min e non correspondido. Non era moi axeitado e tinha un aire a Manolo Escobar, a min non me fasía tilín. Máis ben todo o contrario, nunca fun moi amigha da cansión espanhola e non apresiaba o paresido co cantante, cousa que por outro lado dábalhe moita fama ó rapas, coma se aghora alghén se paresera a Ghaioso. Lighaba mais que unha de sincuenta anos na Luna un venres ás oito da tarde.

-Vouche secuestrar e levar conmigho a un cruseiro polo Minho, pichurra.
-Cajiná, Xosé Antón. Xa me cabreaches! Véseche boa intensión no do cruseiro, pero a mín ninghén me chama   pichurra e queda coma se non pasara nada.- Dixen eu mentras palpaba dentro do meu bolso o filo de Vinghador e subíame unha calor dende os pes ata a cabesa.
-Ai, si, qué meeedo, Femia… Qué me vas faser, eh, qué me vas faser? Uuui, tíráchesme ó chan… qué forsa, vasme manchar o traxe, qué peliiighro!  Por qué ris? Qué é iso que sacas do bolso? Qué fas, estás tola ou qué? Femiaaa!!

Así salin eu desa situasión. Esas cousas hai que cortalas de rais, que se non ven un e che secuestra, e coma non pasa nada, ven outro, e outro. Coma se foras un Raxoi calquera.

Apertas.


jueves, 7 de febrero de 2013

GHAVIOTO



Por Femia Castradora


 Ghavioto é un home de altos voos.  Dende pequeno quedaba a mirar para o seo aínda que fose verán, o que, co tempo, ocasionoulhe unha lesión ocular da que non poido desfaserse na súa vida.

O home quería ser condutor de avión, voar entre as nubes, planear xunto ó vento. Houbéralhe ghustado ser un paxaro dos que van por aí sen que haia ninghén que os pare.  Non una ghalinha, que esas andan todo o día polo chan e ponhendo ovos. Pensaba que eran a escoria da sosiedade  avícola. Melhor  ía ser un falcón ou un ághila pero moi ghrande, das que van voando e de súpeto ven una ouvelha e lánsanse a por ela coma se non houberan comido na súa vida e pensaran que una pesa coma esa íalhe solucionar a comida dunha semana.

A verdá é que o mais alonxado que estivo da terra foi un día na festa do patrón, cando os da orquestra non poideron impedir que subira ó palco para fastidiarlhes a cansión e faser un estritís. Cando se víu tan arriba, mareouse e case bota os fíghados por riba dos xubilados que estaban na primeira fila mirando para as pernas da cantante. Tivo que ser una esperiensia aterradora para os velhinhos que ían ser rosiados pola mescolansa de vinho e laconada, porque dende aquela ocasión había una distansia prudensial entre o palco e os  velhinhos. A partires de  aquel día, a cantante, pudorosa ela, poido quitar os piterpáns de lá color carne que a súa nai fasíalhe ponher para salvaghuardar a súa honestidade, sen importarlhe que fixera frío ou calor.

Ghavioto vendía birbirechos polas casas do pobo, aínda que o choio soio lhe durou una tempada curta, xusto ata que Concha a do Sobrado mirouno un día de calor hidratando a mercansía que levaba nunha carretilha con líquidos provintes do seu orghanismo. Na súa descarga, dixo que os peaches eran case iguales e os bichos andaban todo o día a filtrar augha, co que non había pelighro.

Un día propuxéronlhe faser puentin, pero case afogha porque o encarghado da corda non elixíu ben a ponte, bastante pequena, nin mirou que o río ía cresido. Non lhe quedaron ghanas de voar cos nocelhos atados.
Mercou unhas ghafas de sol e pensou que o melhor ía ser seghir olhando o seo dende terra.

Apertas.


sábado, 5 de noviembre de 2011

NASER E EMPURRAR.





Por Femia Castradora


Logho de escrebir o da semana pasada, colhín unha botelha e chupinho a chupinho divaghei sobre o sentido da vida, que fasemos eiquí, porque nasín nun recuncho de Ghalisia, quen elixiu ós meus pais.

Tode é unha coinsidensia, logho xuntámonos todos e xa non importa de onde vimos. Somos parte da sosiedá e soio pensamos niso cando voltamos á casa logho dunha noite Vinhalar, que son as noites nas que cando te botas a durmila non podes, porque se move todo e sorprendentemente, o teu serebro non ten sono, ainda que o teu corpo esté escaralhado. 

Naser. Que é o primeiro que escoitamos antes de sair? Unha vos que ghrita á túa nai: ¡empurra! Debe ser por iso que eu non aghuanto que me empurre ninghén, pódome ponher aghresiva, colher a Vinghador e ponhérseme nos olhos unha néboa que non me deixa dilusidar que é bó e que é malo. Penso que coma na barrigha da túa nai non hai nada melhor. Non nesesitas mais nada: tes comida, estás quentinha, non hai que ir ó colexio, nen logho á universidá, nen tes que sofrir de amores, nen faser unha hipoteca para ter unha casa, ter comida e estar quentinha.

Empurrar. Para unha nai é unha liberasión. Seghuro que non queren faselo, por iso de que é o teu filho. Pero cando se ven alí botadas no paritorio coas pernas arriba e cunha dor que non sabes ben que vai ser de ti, logho dunhas contrasións salvaxes daste conta. Hai que empurrar. A tomar polo saco. A este rapás sácoo eu coma sexa. Logho din do intre da nasemento, que si é presioso.  Non. É inolvidable. De feito, hai poucas mulheres que queiran ter outro neno ata que non se olvidan diso.

Logho, pasas a vida empurrando de algho: Feminha, xa estás na seghunda avaliasión e tes que dar un pequeno empurrón, vas ver coma na terseira soio che quedan catro ou sinco, dí a tua avoa sorrinte e satisfeita do conselho que che acaba de dar, mentras o mestre que está diante pon unha cara coma disindo "aghora o entendo todo".

Cando xa eres máis ghrande, vas a estudar a Santiagho e teu tio reghálache o oitosentos sincuenta logho de sacar o carné de condusir. Quedas abraiada co xesto xeneroso do teu tío. Ós dous meses, daste conta que é o coche có consumo mais baixo do mercado. De sen quilómetros andados, oitenta deles empurras.

E se tes un  noivo coitado tes que estar a empurrar del. Antón, ese ghicho tocoume o cú. Vailhe dar unha panadeira. Vamos, home, non sexas ghalinha, non ves que tes a vantaxe de que  lhe quedas polo ombligho e pódeslhe dar na boca do estómagho, onde mais lhe doe? Venha, reasiona, que non se digha!

Aghora sí, tampouco me ghusta que me empurren. Non me ghustan as aghlomersións, porque sempre levas detrás unha mulher que che pon o seu punho nos riles e empesa a empurrar coma se fora unha máquina do tren.

Resumindo: vimos ó mundo a empurrar e ser empurrados. A loita continúa.

Apertas.

sábado, 14 de mayo de 2011

CANDO O AMOR CHEGHA ASI, DESA MANEIRA.




Por Femia Castradora

Meu amor:

Primeiro descúlpame por faserche isto logho dos anos que nos conhesemos. Sei moi ben que non o esperas de mín, son moitos anos sen desir nada. Pero ata hoxe. Quéroche e non o vou neghar.

A primeira ves que che vin, ghalante e cun tipaso que metía medo, paresíchesme algho soberbio  e non souben ben coma manexar o noso. Parese mentira, pero cortáchesme. A min, unha mulher con esperiensia e farta de ter relasións con outros. Pero cando che vín, enseghida dinme de conta que o noso era para sempre, sen dobleses, nen mentiras e cun apoio total ó meu ofisio.

Ti sempre estás ahí, calado, pero con unha fidelidade que dubido que outro tenha. Sempre acudes á minha chamada con rapides e sen desir nada, coma a min me ghusta. Antes houbo outros, pero ninghún coma ti. Vexo os meus olhos namorados reflexados en ti e eso é moi fermoso. Non todo o mundo ten unha alma xemea coma  ti, meu ben.

Na nosa relasión hay confiansa, fomos faséndonos o un ó  outro sen esqueser a nosa identidade, complementándonos coma a filhoa que se pegha á tixola. Ou coma o miolo e a codia, pódelos separar, pero non van ser nada un sen o outro.

Síntoche serca de min, rulinho, e cando che toco pasa unha corrente que me atravesa e faime ponher a pel de ghalinha. Cando te tomo, sintoche forte e desidido e ó mesmo tempo abrandado, sobre todo desde que che puxen ghomaespuma suxeitada con esparadrapo no teu mangho.

O noso, Vinghador, o meu coitelo, é un amor que vai deixar peghada neste mundo cruel e sen sentimentos. Sempre túa:

Femia.

sábado, 16 de abril de 2011

METE O FACHO NO CU, MONO DE MERDA.



Por Femia Castradora.

Tiven un moso que me ensinou moitas cousas sobre os animais. Eu xa tinha a minha esperiensia. Ghatos, porcos, vacas, cans, ghalinhas e demais animais dos que hai en todas as aldeas son perfetos conhesidos para min. Dame un cochinho e fagho del un porco de proveito, a criansa non ten segredos e de feito o que me da a rasón é que non hai nas librarías manuais do tipo: "O veterinario respóndeche" ou "A ghalinha non che durme? Iso hai que solusionalo".

Bueno, a verdade é que no caso dos cans si os hai. Eu penso que débese a que cada ves mais a xente ten cans son os que lhes quitan a personalidade. Vampirísanos e fanlhe creer que son persoínhas. Ahí se lhes vai a pinsa ós pobres e logho hai que chamar a espesialistas para que restablesa a xefatura da manada.

Non chegho a saber por qué un cansinho faldreiro atemorisa a un mosetón na súa casa, logho de ver  coma a minha vesinha, a senhora Pura, que é unha mulher velha e pequerrecha manexa ó seu can, que mais que can é un touro.  Ahí falha algho, e a menos que o can sexa un sicópata, que ó melhor tamén os hai porque tenho entendido que hai xente que leva ó seu can ó sicólogho.

Dito eso, o que me tentou ensinar Marselo foron cousas sobre cocrodilos, leóns, luras xighantes, narvais e animais de ese tipo. Home, é interesante, non digho o contrario, pero coma non me dera por ponher un sirco non lhe vexo a utilidade de toda esa sabedoría.

Marselo estaba osesionado cos monos. A min non me ghustan, nunca me fixeron nada pero danme ghrima. É coma se ves a un home a medio faser, coma se lhe faltara un fervor.

Eu xa era unha mamona cando Marselo naseu, ou sexa que lhe levaba case onse meses de adianto co mamoneo cando a sua nai o paríu. Que vaia por diante que eu non lhe fagho noxos a ninghún home por rasóns de idade, rasa ou mesmo por inclinasións sexuais, que de todo houbo coma ben sabedes os que xa me conhesedes un pouco.

Foi unha etapa da minha vida sombría, case sen saídas noturnas e con moitos documentais sobre a vida salvaxe ás costas.  Cando non había documentais, botaba man dunha película que de tanto vela xa a sei de memoria.

A cousa iba duns homes que ían ó espasio para faser unha misión, cheghan a un planeta desconhesido e alí o diretor e os ghionistas empesan a desbaralhar: que si os homes son escravos, rasa inferior e mulas de cargha duns monos que os trataban pior que a cans. Ata que chegha o protaghonista e empesa a falar, cousa que os outros humanos non sabían faser. Descoloca ós monos que eran uns malvados. Estaba tamén o doutor Saius, que tinha unha dúbida moral, non sabía qué faser.  Logho había un mono, que polo tamanho era un ghorila, e era  o xefe do exérsito, penso que era o menos amighable de todos. 

Tamén había uns monos bós, que eran uns sientíficos que axudaban o home a fuxir cunha mosa que atopou entre os escravos, da que enamorou sen remedio. Eu creo que Sira e Cornelius (os monos) eran parelha, pero resulta que Sira cando o axuda a fuxir dalhe un bico a Teilor, co que queda ben claro que ó pobre noivo chimpansé o nome puxérolho que nin pintado, habería que ver a cara que puxo. A noiva humana de Tailor nin se enterou, aparte de non falar, tampouco parese que pensara moito e non fixo nada para tirarlhe dos pelos, rabunharlhe ou darlhe unha ondanada de hostias a Sira, comportamento natural entre as mulheres que ven diante das súas narises coma morrean ó seu home.

Ó final fuxen os dous, nunha carreira desenfreada ata o seu futuro insierto (esto ponhíano na caixa do vídeo, que ata eso aprendino de memoria). Logho, hai unha esena moi bonita na que Teilor empesa a botar sapos pola boca e non se sabe moi ben porqué, ata que descúbrese o pastel e é que estaba na terra e a humanidade volvérase parva. Debeu de ser alghunha bateria infesiosa que atacou ós homes ou o pienso que lhe daban ós monos, que algho tinha que os volveu mais listos.

Desexei moitas veses que o meu moso se volvera coma os humanos da película, pero coma o tempo pasaba e meu desexo non se fasía realidade, tiven que tomar medidas. Deixeino e a piques estiven de deixalo coma veu ó mundo, pero pronto recapasitei e fixen o que tinha que faser. As tradisións non se poden esqueser.

Apertas.


sábado, 26 de marzo de 2011

ESPALHÁNDONOS



Por Femia Castradora

Cada ves que o penso, sempre chegho á mesma conclusión: os galegos somos os ghuardiáns  da vida na terra. Dende sempre, non pensedes que é cousa de aghora soamente.

Mirade, estou tan seghura que dende aquí vou proponher faser as investighasións que faghan falta para que colhan os ósos eses que apareseron en Africa da primeira mulher homínida e averighuen se era ghalegha. Poden faser o mesmo cun home, Ötsi creo que se chama,  que atoparon conxelado, ese vai ser mais fásil, porque o tipo levaba un saquinho e alí poden ver quen é.

É que a nós nos ghusta ampliar horisontes, ver cousas novas, sivilisasións, non sei, todo iso. Somos así e é que somos curiosos por naturalesa. Quen o iba a desir, tan apeghados á nosa terra e e tan botados para adiante á hora de buscar novos aires. Xa non vos digho nada se é por nesesidade, ahí si que botamos fora o noso orghulho castrexo.

Xa cando nos conhesían coma os kallaikoi soubemos loitar contra os romanos. Ata os últimos folghos utilisamos para botar das nosas terras  a esa xente. Logho pasou o que pasou, que os que vinhan de fora tinhan mais armas, xente e ó final conquistáronnos. Eso si, non perdemos o noso orghulho.

Aghora estamos espalhados por todo o planeta e penso que non imos parar de ir polo mundo adiante.

Sen ir mais alá, na minha familia, foi determinante a emighrasión sobre todo para as mulheres. A minha bisavoa Anghustias tinha un marido que un día lhe dixo que iba ir para Cuba para ver que se podía faser en aquel lughar. Anghustias quixo ir co seu marido  e seus filhos para estableserse alí con él. Pero non, dixo que melhor iba el de avansadilha e se lhe ghustaba o que veía alí, chamábaos para ir vivir todos xuntos, e se non lhe ghustaba, voltaba e xa está.

Debeulhe ghustar moito, porque non voltou nin volveu a dar sinais de vida. Á bisavoa  entroulhe un rencor no corpo que xurou que si voltaba alghuna ves, capábao sen mais. Adicou a súa vida a investighar métodos para levar a cabo a súa vinghansa e preocupouse de que a nova tradisión familiar fora de proveito para as xerasións posteriores. Ata que a minha tía Finoca, á que lhe ghustan os porcos, esa que xa vos falei dela alghuna ves, desidíuse a ponher en prática as ensinansas da bisavoa Anghustias, á que todas as femias da familia a temos coma unha deusa e con rasón.

Tamén tiven un tio que foi a Canarias e vinha todos os verans á aldea. Tamén foi un precursor, na súa parsela, que esensialmente foi ghastronómica, fusionando que se dí aghora. Tínhanos a todos os rapases cun medo moi ghrande a que cheghara o bó tempo e ter que sufrir as súas merendas, que consistían básicamente en pan de molhete con plátano. Bocadilho tropical, sen por sen potasio, chamábao. O peor de todo era que se ponhía a mirar para nos,  coma comíamos a súa invensión e non había escapatoria. Sua influensia foi tan ghrande no pobo que a día de hoxe na tenda non venden plátanos, porque non hai ninghén que os queira.

Apertas

sábado, 19 de marzo de 2011

MOUCHOS, CORUXAS, SAPOS E BRUXAS.

Por Femia Castradora

Onte fun a unha sea protaghonisada por todos os da minha aldea. Faise para limar asperesas entre vesinhos que tenhen alghunha liorta, case sempre debida a que un can matou unha ghalinha, que a servidumbre de paso de alghunha leira non se respeta, ou que o avó de alghún deles fai sesenta anos quitoulhe a noiva a outro avó de outro e deixóuno na miseria esistensial, sendo esto a culpa de tódolos males da familia ata os nosos días.

O orghanisador ten boa fe fasendo este encontro cada ano, pero non se da de conta que estas xornadas de esaltasión da amisade poden resultar ben uns cantos anos seghidos, pero chegha un día que pode estoupar e acabar coma o rosario da aurora. Coma este ano hai elesións munisipais e Manolo (o liante da sea) preséntase a alcalde, púxo toda a carne no asador.

Ou na pota, xa que enchéunos o bandulho a todos con carne ó caldeiro, chourisos e churrasco ata fartar. E de sobremesa a súa mulher fixo uns brasos de xitano que papamos todos, pero que ó día seghinte comentouse na aldea que eran desmeresedores da xuntansa. Eu penso que a pobre Carmela fixo o que puido e ela non é responsable da salmonela dos ovos cos que fixo a crema. A intoxicasión foi democráticamente aleatoria. Non toda a crema estaba mala, foi a sortes.

Despois, déuselhe por faser unha queimada. Eu son mais de licor café, écheme mais dixestivo e reconfórtame, espiritualmente falando. Eu coa queimada quédome en suspensión, coma hibernando. Estou pero non estou. E no seghundo conxuro eu xa estaba a velas vir. Soio recordo o de mouchos, coruxas, sapos e bruxas... e eu vindo todo coma se fora unha película en tresdé.

Recordo que pensaba nas bruxas. Estiven polo menos dúas horas recapasitando sobre elas e bebendo queimada ós pouquinhos para manter a minha capasidade de reflesión, á que son tan pouco dada.

Ai, as bruxas!, canto lhes debemos e non non damos de conta. Comensando pola nosa senha de identidade inxustamente espalhada polo mundo adiante (habelas hailas). Nos non somos así. Hai xente que cree nas bruxas e o di sen mais. Eu, sen ir mais lexos, vou a unha bruxa cando torso un pé e é o milhor que hai. Tamén serven para enderesar estómaghos e alghunhas sacan o mal de olho.

As nosas non son bruxas que van en vasoira percorrendo o seo nas noites de lúa chea, nen cosinhan rapasinhos tenros para faser alghún malefisio. Eso é unha parvada. As nosas son mulheres que tenhen a súa familia e as súas leiras, as hai con vacas e tamén hainas repartidoras de correos. De todo hai. Pero o que despois fan é unha axuda á comunidade, porque non ponhen presio ó seu don. Tí vas alí a componher un braso e logho de sair arreghlada se queres daslhe algho de dinheiro, ou uns ovos da casa, ou nada, coma ti queiras.

Son resetoras da cultura popular e normalmente saes da súa casa cheirando a canha, que é o que  utilisan para os seus apanhos case sempre. Hai que desir para informasión de aqueles que nunca foron a unha bruxa, que  o aughardente úsase para frotar, non para bebelo. Nos últimos anos non tiven que ir a ninguna, pero fontes dignas de toda confiansa dixéronme que xa hai alghunas que xa usan o réfles para a sanasión.  A mín eso non me ghusta, prefiro sair cheirando a noite de esmorga antes de cheirar a motor escaralhado de carroseta.

Mentras eu divaghaba, vía pasar por diante de min cadeiras voando, garfos asasinos, e botelhas escachadas nas cabesas da concurrensia. Vamos, unha  liorta de coidado. Non sei aínda hoxe coma eu saín sen resibir, sana et salva coma na ghlosa medieval.

Apertas.

sábado, 12 de marzo de 2011

RECORDOS

Por Femia Castradora



Hoxe xa remata o entroido e eu estou melancólica. Xa non hai mais días de troula ofisial, a partir de aghora, outra ves por libre. Non é que nesesite ter xente ó meu alrededor para pasalo ben, eu cunha botelha de licor café podo ser a mulhre mais felis da terra.

Hoxe chorarei polo Ravachol, polas sardinhas, ghalos e demais animais que enterran nestos días por toda Ghalisia. E digho eu: por qué tenhen que prantarlhe lume a un animal, aínda que sexa de mentira? Non se pode consentir. Cólheno, paséano polas rúas, e cando rematan as festas, coma non saben onde ponhelo van e o queiman. Somos desaghradesidos por naturesa.

Cando eu era mais xoven, na minha aldea non había sardinha, loro, ou crocodilo que representara o entroido, non nos fasía falta ninghunha. Aghora a xente vai de supermán, carapuchinhas, astronautas e unha morea de disfrases que non entendo. Eu sempre fun de choqueira, vai mais coa minha personalidade e ademais non me custa nada faselo, porque eu vou así sempre na minha casa. Aínda recordo un ano que eu estaba cun pantalón de pixama, unha camisa ghauaiana e cunhas pantunflas de cadros marróns e verdes. Coma esa noite ía ir á Sala de Festas, tinha postos os rulos para darlhe mais volume e movemento á minha melena, coma a loira dos Anxos de Charlie, que soio con mover a cabesa namoraba a unha dusia de homes ó seu arredor.

Isto ténhomo que ir ver. Sempre empeso algho, embarúlhome e acabo contando outra cousa. Pois ó que iba. Eu estaba na miha casa fasendo ourelhas e cando me dín conta non tinha anís do mono, que aínda que eu prefiro o licor café non lhe fagho ascos a outras cousas. Entón saín a mercar á taberna da Susa, que era o nosa tenda de confiansa na aldea. Soio sei que cando cheghei de mercar, aparte do anís levaba unha cacheira, unha dusia de chourisos e mais uns ghrelos que era o premio ó melhor disfrás da comarca.

De aquela, tinha un noivo brasileiro que disía que o melhor entroido era o que fasían na súa terra. Eu non o creo, ou polo menos penso que aquí eso non vai ser o que mais se leve. De feito, hai desfiles que nos que van xente disfrasada coma se foran escolas de samba. Non me convensen moito porque non é o mesmo a calor que vai en Brasil co frío que polo reghular fai aquí en febreiro ou marso. As camisetas quentinhas de cor carne e as medias desmeresen un pouco o tema. Home, non van ir pasando frío, pero non é o mesmo.

Cantos recordos venhenme á cabesa de aquel ano con António. Recordo que el quería faser unha xira para conheser outros lughares e que eu lhe acompanhase. Era un home convinsente e alá fun con él. O día antes da viaxe víu cunha sorpresa: mercara un panda para viaxar con él. O que mais nos ghustaba do coche é que na publisidade que fasían na televisón podías faser un montón de cousas con el, ir  á montanha, vadear un río con ghran profusión de augha botando polos lados ou mesmo ir polas dunas sen que o pandinha se resentira. Pero o melhor de todo era que se convertía en cama e eso convenseu a António para mercar o vehículo.

Despois de dous días durmindo no coche desertei porque quedaba moi bonito na publisidade, pero os ferros dos asientos non había quen os aghuantase e a palanca de cambios era un suplisio.

Apertas.

sábado, 26 de febrero de 2011

A IMPORTANSIA DE CHAMARSE CASTRADORA


Por Femia Castradora

A mín o meu ofisio ghústame moito. Unha síntese importante ó faser un servisio á sosiedade. E xa fai montóns de anos que isto é así, eu soio son unha das últimas, non por eso menos importante, senón que ó revés. Eu son a portadora do facho, pasado de xerasión en xerasión por sentos de mulheres sen medo e con ghran determinasión na creensia de estar a faser un trabalho de calidade.

Nós, as castradoras temos o noso ofisio case coma unha relixión, fasemos todo con moita limpesa e nunca tivemos que lamentar vítimas, é mais, hai alghúns homes que entre bághoas aghradésenche o trabalho feito, eu penso que pola rapides e mestría no uso do coitelo.


É un ofisio moi desaghradesido, hai que ir con moito coidado, porque hai xente que non chegha a comprender a esensia da castrasión, a poesía do momento.

Fai anos, fomos desisivas en moitas ámbitos, por exemplo na música. Aínda tenho na casa un manustrito do ghran Farinelli agradeséndolhe á unha predesesora minha o ghran trabalho que fixera con él. Esos eran bós tempos, nos que os nosos clientes levaban por diante o orghulho de ser castrados. E o ben que cantaban!

Aghora tamén hai xente á que lle fixen o mesmo que a minha companheira fixera con Farinelli, pero xa non lhes ghusta alardear delo coma antes. Presisamente, lembro uns rapases que  alá polos anos 70 vinheron á minha casa para que lhes fixera un trabalho en ghrupo. Pensaban que lhes iba a faser un presio, pero eu tenho as minhas tarifas e de ahí non baixo.

Pois eso, os rapases non eran de aquí, senón que eran inghleses. Dixéronme que querían faser música disco e estiveran pensando que o melhor para iso era ter unhas voses mais persoais, que tinhan un oquinho  no mercado discoghráfico baseado na aghudesa das súas voses. E alí estaba eu, lansando a carreira musical duns rapases. Durante o proseso fixémonos moi amighos e leveinos de troula por ahí. Menuda tralha traían as veses logho de ir polas cantinas do pobo bebendo canha de herbas e mais licor café.

Fasíame ghrasia o medo que lhe colheron a Mighelinha, unha vaca toura que tinha entonses. Colheulles manía e cando os vía arrincábase a cornasos con eles e acababan pola eira eles tres correndo diante de Mighelinha. Que días aqueles, cantos berros de aleghría botaban sobre todo Robin e mais Morís. Barri, mais comedido, soio corría.

Barri era mais mosetón que os seus irmáns e coma era mais reservado preghunteilhe se el tamén quería que o castrara, non vaia a ser que fora presionado polos xemelgos, que eran mais pequenos pero botados para adiante.

Fixen o meu trabalho tan ben coma sempre o fasía e ó rematar, puxéronse a cantar unha cansión que me ghustou moito, fasíanse coros entre eles e quedóulhes moi ben. Disían: estelhin alai, estelhin alai oh, oh, oh.  Home, eu prefiro outro tipo de música, pero non estaba mal. Penso que tiveron moita sona e todo foi ghrasias a mín e ó meu coitelo. Déuselhes por chamarse os bilhis, non me preghuntedes por qué, eles saberían.

Pois hala, xa sabedes un pouco mais de mín e do meu ofisio. Ás veses sinto que estou a espirme diante de vos con tanta sinseridade contándovos a minha vida.

Apertas.

sábado, 18 de diciembre de 2010

QUENES SOMOS?, DE ONDE VIMOS? Por Femia Castradora

Por Femia Castradora.

Nadal, tempo de aleghría, bós sentimentos e todo iso que todos xa sabemos. Eu vou ó meu.

Eu quero desiros que dende que estou convidada neste blog, sempre me preghuntei coma seríades vos. Imaxino que alghún tamén se fixo esa preghunta conmigho. Eu, na minha vida cotiá non vou co coitelo ó aire. Non por nada, senón porque podo acabar nos calabosos de calquer xusghado. Eu o coitelo o levo no bolso e o saco cando fai falta. Por iso, seghuramente, mais dunha ves crusámonos pola rúa  sin sabelo.

A mín tamén me pasa. Imaxino coma seredes vós. Por exemplo:

Lara.  Imaxínoa coma unha rapasa aleghre, estudando fora da casa e pasándolo todo o ben que pode. Xa tinha frío en  outubro, aghora debe estar conxelada. Aínda así síghelle sendo fiel ó seu botelhón. Ghústalle  repartir bicos  e morreos cando escribe.

Bolingha. Cando o conhesín estaba a pasar unha fartura de xoubas e logho descubrín que debíase á súa condisión de maqui. No monte non ten moitas ocasións de comer peixe, entón cando o ten diante, non sabe frear e logho anda a queixarse.

Ghalisán e Coco. Homes combativos onde os haia. Penso que por diante de todo están os seus prinsipios e non dubidan en defendelos. Non lles falta sentido do humor (seghide así). Son incondisionais do blog.

Ana N. É coma eu, nova incorporasión. Mulher discreta e amable. Dan ghusto os seus comentarios. Ah, tamén mira películas románticas.

Santano. Iste sí que é un tipo raro. Escribe a unhas horas pouco convensionais, aínda  que aghora xa case non o fai. Tirón de ourelhas. A escribir, e cóntanos porqué escribes de madrughada soio. Non serás vampiro?

Santa Companha: Divertido e habitual dos comentarios. Quere faserme preghoneira da festa do cosido en Lalín. Apoio a proposta, así poderei ir a comer de balde cando queira.

Brianda.  Nova  nos comentarios. Temos que conhesernos mais , pero pareses boa rapasa.  Se hai alghún moso que semelhe boa persoa, pásocho. Os outros ghárdoos para min.

Arturo: Tamén é unha nova incorporasión, pero cáeme moi ben. Vaime convidar a Solha ou o Alameda, quedou dito no anterior post. Ti verás...

Logho hai mais xente que  pasa polo blog, pero que eu conheso menos e non podo desirvos moito. Logho tamén están os anónimos, os que animo a ponherse un nome, é mais divertido.

Pois nada mais. Soio avisarvos que vai a haber unha sea de Nadal virtual á que estades todos convidados. Cosido e licor café a esghalha.Tamén imos faser botelhón na leira, para que Lara non falte.

Pasádeo ben nestas datas.

Apertas.


jueves, 11 de noviembre de 2010

Primeira colaborasión. A naturesa e mais eu.


Por Femia Castradora. 

Cando Glub pediume colaborasión, eu deseghida díxenlle que sí. Paréseme un rapás de fiar e con ideas limpias e sinseras.

É unha colaborasión de ighual a ighual, aínda que me metera  de boas a primeiras no seu blog,  él é bó e xeneroso.

 Aínda así, non pensedes que as neghosiasións foron doadas, eu non vou de seghunda de ninghén e non quero imposisións nin sensura. Tamén aviseille dos meus ghustos musicais, que son moi variados e sen ninghunha verghonsa á hora de elexir as cansións. Menos ó Piporro e Manolito el Pescador, pode saír calquer cousa.

Imos ó que imos:

Dende moi nova ghustoume a naturesa. Sempre iba coa xente da aldea cando levaban as vacas ou as ovelhas ó monte e pasábao moi ben. Eses recordos da infansia marcáronme a minha vida, recordade a etapa que pasei na comuna de Alemanha. Aquela esperiensia foi do milhor que me pasou, sen contar a ves que fun vivir ó monte cun cabreiro do que fun mosa.

Ahí si que aprendín cousas!

As cabras son animais moi aghradesidos, porque seghún puiden ver nese verán que pasei no monte, non lle tes que dar de comer tí, senón que comen herbas, toxos e o que atopen por ahí. O que sí , dispérsanse moito. De modo que é nesesario ter un can ou correr moito para  non perder ninghunha.

O meu moso fasía queixos co leite que lle daban os animais e era o que comíamos alá arriba: pan con queixo e para beber, leite de cabra. Eu botaba de menos o licor café, ou no seu defecto a canha de herbas que sempre reconforta e é moi bó dixestivo.

Logho tamén hai que desir que os machos das cabras ou cabróns son moi espesiales. Sempre están a pelexar. Se non pelexan por unha cabra, peléxanse polo territorio e si non, é por que se lles vai a pinsa e empesan a cornasos con quen sexa. Eu penso que creense os donos do mundo, non tenhen consiensia de que hai mais espesies donde eles están. A mín non me caían moi ben e mantinha unha distansia prudensial para non ter problemas con eles. Ás veses, a naturesa é un reflexo da vida mesma.

Coma boto de menos eses días, aquela limpesa de aire, as cabritinhas sempre ó meu carón, xoghando. Tempo despois, sempre vía na tele unha pelicula de debuxos que botaban os sábados despois do xantar. Era dunha nena  que quedaba orfa e ía vivir co seu avó ás montanhas. Qué rapasinha mais ben ghiada, coma axudaba na casa! Ela tamén o pasaba ben alí, retosaba coas  cabras, tinha un can ghrande e moi bó, e logho había amighinhos que a visitaban de cando en ves. Tamén estaba sempre a xoghar nun columpio a carón dun presipisio. Eso  saía cando  botaban a cansión. De seghuro que cando creseu foi unha mulher agherrida e sen medo. Coma ten que ser.

Apertas.