sábado, 11 de diciembre de 2010

OS GHURMÉS E OUTROS ESPESÍMENES. Ou coma faser unha sea sen peperetadas.


Por Femia Castradora.

De sempre fun dada a faser seas, xantares ou merendas. O que sexa  con tal de ter unha escusa para faser unha boa festa.  Ghústanme  os  pratos sinxelos e saborosos.

Non entendo as deconstrusións, eu se como unha tortilha de patacas con ovos da casa quero masticala e  non chuchala cunha palhinha coma se non tivera dentes. Os que inventan esas cousas tenhen o serebro líquido seghuro.  A mín, o que me ghusta chuchar son as cabesas das sighalas ou as patas  das sentolas cando lles dá por vir á minha casa, que é poucas veses.

Co bó que é  rilhar no churrasco e ponherte ata  a cabesa de molho, ou unha boa enchente de cosido. Aghora que co cosido sempre houbo na minha casa unhas liortas de medo cos temas: ghrelos ou repolo; gharbansos ou fabas; a cachucha, ponhémola ou non? Ponhemos, pero sen dentes, que por ahí non paso; con polo ou sen polo?; fasemos tamén bolos do pote?... E en ves dun cosido paresía que íamos toda a familia á gherra, cada quen ten os seus ghustos.

Aghora mesmo, estou que se me fai a boca augha pensando no bacalhau  con colifror da cea de Nadal. A moita xente non lhe ghusta, pero hai que darlle unha oportunidade á nosa ghastronomía, abaixo o pavo ou o foie. Temos que reivindicar o capón (non sei porqué, pero inconsientemente sempre sentín predilesión por eses animais), a carne asada, o cabritinho, o ollomol ó forno... e outras cousas das que non me lembro aghora mesmo.

E as sobremesas, qué disir desas lambetadas? Pois o mesmo. Onde se ponhan unhas boas filhoas,  unhas chulas de cabasa, ou mesmo unha torta de ghalhetas con chocolate que se quiten os petisús e as finesas paresidas.

Fai tempo tiven un  moso  que lle ghusaba meterse na cosinha e faser cousas raras coa comida. A min iso paresíame unha parvada, nunca lle vin a ghrasia a comer unha croqueta e que o mordela, saia fume coma se foras un draghón; ou que se lhe chame a un prato cun nome que ninghén entende: "sobor de cama de infusión de froitas da horta, lascas de perna de porco curada ó aire da montanha" e logho resulta que o que fasía era un puré de patacas cun pouco de xamón enriba. Nen que desir ten que me durou pouco ese home. Logho de estar con él recuperei a minha fighura de sempre.

Apertas.

9 comentarios:

  1. Estou contigo, Femia. Onde se poña un bo cocido galego que se quiten as peperetadas e a nova couciña.

    ResponderEliminar
  2. Hola Femia.Gustoume moito.Pero quedo na iñorancia das chulas de cabasa.A ver se outro dia sacas outra ocurrencia.Esta estivo moi ben moi bem.Saudos.

    ResponderEliminar
  3. Jajaja, esa es mi Femia Castradora. Y que sepas que esta noche otra vez toca botellón!!!!!!!!!!!!!

    ResponderEliminar
  4. Moi ben, Femia! Un xeito orixinal e divertido de defender a nosa língua.

    ResponderEliminar
  5. Di que sí, Femia, donde se ponga un buen cocido que se quiten las peperetadas. De todas formas, un día nos vamos a comer a Casa Solla o al Alameda y verás como en lugares como esos también comes como un rei, o reina en tu caso

    ResponderEliminar
  6. Pos eu hoxe fixen un cocido para catro días, con repolo. Unha ledicia. Apertas tamén para ti.

    ResponderEliminar
  7. Me encantan estas entradas de Femia Castradora, y me encanta el cocido. Esperamos una entrada sobre las experiencias navideñas de Femia :)

    ResponderEliminar
  8. Femia, xa me gustara a min ter a mitede dos mozos que tes ti. Comparte un pouco e deixa algo para as demais, non me sexas egoísta.

    ResponderEliminar
  9. Femia, estóu contigo, ¿non serás de Lalín, terra do cocido? Podes ir a Feira do Cocido como pregonera.
    Gústame saber que eres una cheff tradicional, espero que me invites a un bó cocido pra que vexas todo o que eu séi de cociña, sobre todo cando xá esta na mesa.

    ResponderEliminar